O TEMPO MADE IN BUEU

RECOLLENDO DATOS NA NOSA ESTACIÓN METEOROLÓXICA

Nas dúas primeiras semanas do mes de novembro, o alumnado de foi o encargado de recoller e rexistrar os datos da nosa estación meteorolóxica.

Os nenos e as nenas son moi conscientes da importancia da súa labor e motívalles moito que os datos sexan utilizados por Meteogalicia.

Coma sempre, foi unha experiencia XENIAL!!

 

 

AS FOLLAS DUNHA ARBORIÑA

O alumado de 3º, do noso cole, empezou o outono recitando un  poema de Antonio García Teijeiro, extraído do libro

VENTO VENTIÑO VENTEIRO

Este libro o traballaron o curso pasado, cando aínda estaban en 2º. Nestes vídeos podedes desfrutar vendo ás valentes e aos valentes que se atreveron a gravar.

 

Influencia dos raios solares na Terra

Ao inicio de curso comezamos este proxecto tomando medidas da sombra dunha pica que colocabamos a mesma hora no centro da pista de futbito. Estas información era anotada polos encargados de cada equipo nunha folla exposta no taboleiro da clase. Os nenos e nenas ao mesmo tempo que se iniciaban na observación de como ía medrando a sombra traballaban na adquisición de contidos sobre o universo,  a Terra e os seus movementos, a inclinación do eixe de rotación da Terra, o clima. os equinocios , os solsticios...

Á volta de vacacións de Nadal, observamos que a sombra comezaba a minguar, e empezamos a dar explicacións de por que pensabamos que ocorría isto. Este proxecto quedou interrompido no mes de marzo polo confinamento. A pretensión era que despois da observación e dos contidos traballados chegaramos a conclusión da importancia do eixe de rotación da Terra que orixina as estacións do ano e que fai que os raios solares quenten máis ou menos segundo a inclinación do seu eixe.Sendo isto máis importante que a distancia que separa a Terra do Sol.

 

OS TRASNOS E O TEMPO ATMOSFÉRICO

Durante o mes de maio o alumnado de 6º de infantil recibiu unha proposta para traballar co tempo atmosférico dende a súa casa.

Nun calendario debían debuxar, cada día, o tempo que fai e ao rematar o mes fixeron unha gráfica co número de días de sol, choiva ou nubes.

Clica na imaxe para acceder á proposta dende o seu blog de aula.

 

 

LETRAS GALEGAS 2020 "AS PITAS BAIXO A CHOIVA"

Polas Letras Galegas, o alumnado de 2º de primaria, fixo unhas actividades interactivas que xurdiron dun texto de Ricardo Carvalho Calero extraído do libro “As pitas baixo a choiva” nas que aprenderon vocabulario específico da meteoroloxía e diferenciaban tipos de chuvias e de ventos. Preme na imaxe para acceder á ficha interactiva completa.

 

 

ACTIVIDADES 2º PRIMARIA

Os nenos e nenas de 2º aprenderon as cores que forman o do Arco da vella, e investigaron sobre lendas e curiosidades que se producen cando sae.

Ao comezar a primavera traballaron o poema de Manuel María chamado “A andoriña”.

Investigaron sobre estes paxaros, aprendendo que os movementos migratorios das aves están provocados polo clima.

 

APRENDENDO CO TEMPO ATMOSFÉRICO

O alumnado de 1º de primaria traballou de maneira cooperativa as estacións do ano.

 

Durante o curso tamén se leron contos, traballaron cancións e visualizaron vídeos relacionados co tema:

  • Contos:

- “Bajo una seta” (solidariedade)  https://www.youtube.com/watch?v=o1FcvkBiCQk
- “Hace frío”.
- “Poemas con piruleta” Carlos Fontes. Editorial Galaxia.
- Lecturas ¡Pon, pon!:Con poemas como “No importa que llueva”, trabalinguas, adiviñas …

  • Cancións:

-Canción con pictogramas. Las estaciones. https://www.youtube.com/watch?v=0lEMEzDMdVI
- “Los días de la semana cyl y signos” (en lingua de signos) https://www.youtube.com/watch?v=lIrSoux3yGU

  • Outros vídeos:

- “O ciclo da auga”    
https://www.youtube.com/watch?v=kMF6noE4C60
https://www.youtube.com/watch?v=C2hIxCfl2Gs

Tamén aprenderon algúns refráns que fan alusión a fenómenos atmosféricos ou aos meses:

  • Cando haxa xiada, queima a ramalla.
  • Se en marzo canta a ra, en maio xa calará.
  • No mes de San Xoán, pícanlle as pulgas no rabo ao can

 

ÁRBORES E TEMPO ATMOSFÉRICO

Os rapaces e rapazas de 1º de primaria estudaron a clasificación das árbores e a interrelación das plantas co tempo atmosférico.

Contando coa axuda de Ramón, o noso conserxe, coñeceron as características das árbores que hai arredor do colexio. Aquí, ademáis de observar e aprender sobre o sauce chorón, tamén visitaron a estación meteorolóxica

RECOLLIDA DE DATOS 2º PRIMARIA

O alumnado de 2º de primaria  foi o encargado de recoller os datos da nosa caseta meteorolóxica durante 2 semanas no mes de febreiro.

Despois rexistraron os datos no recuncho do bibliocastelo dedicado ás meteoescolas.

 

 

APRENDENDO RUTINAS METEOROLÓXICAS

Os nenos e nenas de 1º de primaria levaron a cabo diferentes actividades relacionadas co tempo.
Como rutina diaria, anotaban  a data co símbolo do tempo na libreta.

 

Tamén, diariamente, actualizaban na aula, os carteis de meses, semanas, días, estacións do ano, como está o tempo e como te encontras.

 

Outra actividade que fixeron foi traballar o tema relacionándoo con cadros famosos e os seus autores. Por exemplo:  

  • Primavera: “Muller con parasol” de Monet.
  • Verán: “Solsticio de verán” de Vincent Van Gogh.
  • Outono: “Luces de outono” de Suset Heise, “O outono ou a vendima” de Francisco de Goya.
  • Inverno: “O trineo vermello” de Sarah Robertson.

 

Distribuir contido