blogue deLuisa Vidal Fraguas

NOVO PROTOCOLO COVID MAIO 2022

Lexislación sobre o uso da máscara

 

BATIDO DE AMORODO

Os trasniños de 5º de infantil estiveron degustando un delicioso batido de amorodos que fixeron eles mesmos.

Preme na imaxe para seguir todo o proceso de elaboración e degustación.

AS HORTAS ESCOLARES VAN MEDRANDO

O alumnado de 4º de infantil coida a súa horta con moito agarimo e xa empezan a ter as primeiras colleitas. Preme na imaxe.

Fixádevos ben como medran as hortalizas dos nenos/as de 6º de infantil. Premede na imaxe para velo.

Para que medren ben temos que regalas con moito coidado.

 

 

 

 

OS LARETAS FAN QUEIXO

Os nenos/as de 4º de infantil seguen traballando no seu proxecto sobre a granxa. Nesta ocasión elaboraron un riquísimo queixo fresco que todos/as probaron.

 

A PEDRA A TRAVÉS DO TEMPO

 

Co gallo do 50 aniversario da nosa escola, imos organizar no corredor do Bibliocastelo a exposición “A PEDRA A TRAVÉS DO TEMPO”

 

CANDO A PODEREMOS VISITAR?

 Estará dispoñible  ao público ata final de curso,  en horario de tarde de 16:00 a 18:00h todos os días da semana.

 Enviaremos unha mensaxe pola aplicación abalar coa data de apertura

 

ONDE ESTARÁ UBICADA?

 No corredor da biblioteca e a entrada será pola porta principal. Seguindo o corredor exterior da biblioteca  accederase ao edificio pola porta branca da biblioteca.

 Lembrade que debemos respecta as normas de hixiene: uso de máscara, distancia e limpeza de máns

 

COMO PODO PARTICIPAR?

Se queredes participar na exposición podedes aportar fotografías ou documentos de interese histórico relacionados co CEIP Plurilingüe A Pedra  dende os seus primeiros anos, alá polo curso 1971/72

Tando as fotografías como os documentos,  deberán vir acompañadas dunha breve descrición de 2 liñas onde se explique o lugar ou a actividade que se observa na imaxe e a data ou época na que se tomou.

 Ademais, terán que levar o curso e nome do alumno/a ou da persoa que os achega.

 Os documentos orixinais serán xestionados polo equipo de biblioteca e devoltos  aos seus donos/as na maior brevidade posible.

 

ONDE SE ENTREGAN?

  • Os alumnos/as poden traelos á escola e entregarllos na aula ás súas titoras.
  • Tamén se poden deixar na secretaría do centro.

 

QUEN PODE PARTICIPAR?

A proposta está aberta a calquera persoa que queira participar aínda que non forme parte da Comunidade Educativa.

 

 

 

Información Sanidade

Nas seguintes ligazóns pódese acceder a toda a información actualizada de distintos servizos sanitarios:

1.- Área sanitaria de Pontevedra e o Salnés:

2.- Web da Consellería de Sanidade:

3.- Consellería de Educación coa información dos centros educativos:

4.- Web do Ministerio de Sanidade

 

NOVO PROTOCOLO 2022

 QUE FAGO SE…?

1.- Teño SÍNTOMAS: non asisto á escola e fago un test de antíxenos. Se o resultado é negativo, sigo cumprindo as medidas de uso da máscara, distancia e hixiene.

2.- Son POSITIVO: se o resultado do test é positivo, teño que poñerme en contacto con Sanidade a través de:

  • ·         Pediatra do meu centro de saúde
  • ·         Número de teléfono do SERGAS: 881 540 045

 

CANTO TEMPO TEÑO QUE ESTAR ILLADO?

Se son positivo debo permanecer illado 7 DÍAS, pasado este tempo e sempre que non tivese síntomas durante os 3 últimos días, podo incorporarme á escola, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar os 10 días dende o inicio do illamento.

NON SE REQUIRE PROBA ALGUNHA PARA

INCORPORARSE AO CENTRO

 

CANDO HAI CONTACTOS ESTREITOS

Segundo a nova comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación

"Tendo en conta que os centros educativos non se consideran ámbitos vulnerables, as condicións a seguir na xestión dos contactos estreitos serán as mesmas que no caso da poboación xeral:

NON se realizará identificación dos contactos estreitos e serán os propios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico COVID para que extremen as medidas de prevención"

Prema aquí para acceder á declaración conxunta.

 

 

 

 

HORTOS ESCOLARES

Grazas a aportación da ANPA A PEDRA, o noso alumnado de infantil xa ten instalados os seus hortos no patio da escola e agora están preparando a terra para cultivar.

Toda unha experiencia que nos contan nos seus blogs de aula:

LARETAS DE BUEU

TRASNOS A PEDRA

OS FURABOLOS DA PEDRA

 

Distribuir contido