blogue deLuisa Vidal Fraguas

UN COMEZO DE CINE CO FIC

Como vimos facendo nos últimos anos, estes primeiros días de curso todo o alumnado do noso centro asiste, por quendas, ao Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.

O FIC ofrécenos, na súa duodécima edición, un completo programa que inclúe a proxección de máis dun cento de curtas e múltiples actividades paralelas.

Os máis pequenos/as do cole asistiron á proxección de 7 curtametraxes de diferentes nacionalidades e seleccionadas especialmente para eles na Sección Irmandade.

O alumnado de 1º, 2º e 3º gozou dunha selección de curtametraxes dentro da Sección Infantil, composta tamén de 7 títulos, con temática e procedencia variada.

 

 Os maiores do coles 4º, 5º e 6º visionaron 6 curtas dentro da Sección Xuvenil, tamén de procedencia e temas variados e axeitados as súas idades.

 Ao remate das sesións Infantil e Xuvenil houbo un pequeno coloquio sobre as curtas a cargo do persoal organizador do evento.

 Dende o CEIP Plurilingüe A Pedra queremos agradecer a invitación e a fantástica organización coa que nos sorprende cada ano o FIC. Ademáis,  destacar a boa selección de curtas proxectadas en todos os niveis.

Agardamos seguir asistindo ás seguintes edicións do Festival.

BENVIDA AO CURSO 2019/20

Damos a benvida ao noso alumnado e as súas familias a un novo curso escolar e como novidade queremos amosarvos o patio da entrada do cole de primaria:

 Foi un traballo artístico obra de Marc Taeger que empezou co deseño do proxecto, no terceiro trimestre do curso pasado.

No mes de xullo e durante varias semanas Marc plasmou no asfalto do noso patio os xogos. Aquí vos deixo algunha imaxe do proceso:


 Os máis pequenos xa os estrearon estes días.

 

OS RESTOS DA PINGA FRÍA CHEGAN A GALICIA ESTE DOMINGO

PINTANDO CONTOS CON MIRÓ

O 22 de maio o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria, tivo a gran sorte de asistir a un contacontos no Bibliocastelo, da man de Esteban de Tarabelos Teatro. 

Primeiro lles contou a historia da " A viaxe de Nele" mentras a ía ilustrando. A continuación pediulles que fixeran uns puzles e así aprenderon como pintaba Miró.

Por último, os nenos/as animáronse a probar a técnica do gran pintor, facendo debuxos  do conto de Nele que despois Esteban plasmou no muro do exterior da biblioteca.

O noso alumnado pasouno xenial pintando as ilustracións e o resultado quedou impresionante.

Distribuir contido