Influencia dos raios solares na Terra

Ao inicio de curso comezamos este proxecto tomando medidas da sombra dunha pica que colocabamos a mesma hora no centro da pista de futbito. Estas información era anotada polos encargados de cada equipo nunha folla exposta no taboleiro da clase. Os nenos e nenas ao mesmo tempo que se iniciaban na observación de como ía medrando a sombra traballaban na adquisición de contidos sobre o universo,  a Terra e os seus movementos, a inclinación do eixe de rotación da Terra, o clima. os equinocios , os solsticios...

Á volta de vacacións de Nadal, observamos que a sombra comezaba a minguar, e empezamos a dar explicacións de por que pensabamos que ocorría isto. Este proxecto quedou interrompido no mes de marzo polo confinamento. A pretensión era que despois da observación e dos contidos traballados chegaramos a conclusión da importancia do eixe de rotación da Terra que orixina as estacións do ano e que fai que os raios solares quenten máis ou menos segundo a inclinación do seu eixe.Sendo isto máis importante que a distancia que separa a Terra do Sol.