O TEMPO MADE IN BUEU
POETAS METEOROLÓXICOS
Enviado por Susi Fernandez o Dom, 16/04/2023 - 10:13A semana anterior a Semana Santa, tocounos ao curso de 4ºA recoller os datos da caseta meteorolóxica. Desta vez, tivemos un pouco de todo: tanto sol coma choiva.
Coma neste trimestre estivemos estudando a poesía, decidimos inventarnos por equipos uns poemas sobre meteoroloxía. Ollade a continuación o ben que nos saíron!
OS FURABOLOS ESTÁN NAS NUBES!
Enviado por Marta Valbuena o Lun, 10/04/2023 - 12:14O día da meteoroloxía, os FURABOLOS da Pedra, que son os máis pequeniños da escola, presentáronnos o seu proxecto sobre NUBES.
Se premedes na imaxe atoparedes todas as actividades que fixeron e canto aprenderon.
Noraboa Furabolos, xa sodes uns expertos meteorólogos!!!
OS TRASNOS E O TEMPO
Enviado por Marta Valbuena o Xov, 30/03/2023 - 23:00Os TRASNOS da Pedra, que xa están no último curso de Infantil animáronse a participar nas Meteoescolas recollendo e analizando os datos do tempo do mes de marzo.
Para rematar este proxecto, reflectiron os datos nunha gráfica moi divertida na que contaban os días de Sol, Nubes, Vento, Chuvia e Sol con Nubes.
Xa sodes nivel experto en meteoroloxía!
DÍA DA METEOROLOXÍA
Enviado por Amalia Omil o Xov, 23/03/2023 - 20:40No día da meteoroloxía o alumnado de terceiro queremos compartir nesta páxina algunha das cousiñas que fixemos no proxecto que levamos a cabo sobre este tema no segundo trimestre.
Empezamos por un podcast que fixemos sobre refráns meteorolóxicos.
Construímos algúns aparellos meteorolóxicos como un anemómetro e un cataventos. Aquí están as protagonistas:
Investigamos tamén sobre todos estes aparellos meteorolóxicos, sobre cambio climático, buratos da capa de ozono, quecemento global, efecto invernadoiro. Tamén sobre a activista Greta Tungberg, ou sobre fenómenos meteorolóxicos adversos como furacáns, ciclóns, secas, inundacións. Interesantísimas as investigacións sobre fenómenos curiosos como a aura boreal, nubes luminiscentes, neve rosa...
Confeccionamos un libro que agora circula por todos os fogares e que logo formará parte da nosa biblioteca de aula, e que podedes ver facendo clic a continuación:
REXISTRAMOS O TEMPO METEOROLÓXICO NO COLE
Enviado por Silvia García o Lun, 20/03/2023 - 00:09Durante dúas semanas, dende o vinte de febreiro ata o tres de marzo, o alumnado de 6º de Primaria rexistramos as temperaturas e precipitacións que observamos na caseta meteorolóxica.
Nestas semanas recollemos recortes de xornal coas fases da lúa e a porcentaxe (que traballaremos en Matemáticas) da súa visibilidade na noite anterior.
Lembrade, tamén, que xa podemos poñerlle as trampas ás velutinas como o ano pasado.
Agora pasámoslle a testemuña a 5º.
Ata a próxima!
OBSERVANDO O TEMPO
Enviado por Marta Valbuena o Mér, 01/03/2023 - 00:00No mes de febreiro, tocounos ao alumnado de 1º observar o tempo. Descubrimos que somos unha Meteoescola e que é moi importante que recollamos ben os datos para poderllos enviar a Meteogalicia.
Realizamos moitas actividades relacionadas co tempo, ademais da observación anotabamos diariamente os resultados no panel da Biblioteca, e incluso fixemos unha lectura sobre o nome dos aparellos Meteorolóxicos. Tamén observamos e tratamos de comprender o calendario de luadas de febreiro.
O alumnado comezou a percatarse de que sucedían cousas arredor relacionadas coa meteoroloxía e rapidamente informan as mestras dos achados... Como o día no que as rodas apareceron conxeladas!!!
O que máis nos gustou foi recoller a chuvia, pero tivemos mala sorte pois non choveu apenas... Esperamos que a seguinte vez que volvamos podamos atopar auga no pluviómetro!
PROXECTO DE METEOROLOXÍA 3º PRIMARIA
Enviado por Amalia Omil o Dom, 12/02/2023 - 13:39Aproveitando que o alumnado de terceiro desenvolvemos un proxecto de meteoroloxía no comezo do segundo trimestre, visitamos a caseta meteorolóxica durante todo o mes de xaneiro.
Cada día tras comprobar os parámetros de temperatura, presión atmosférica, humidade e precipitación iamos rexistralo no recunchode meteoescolas.
Empezamos a familiarizarnos cos climogramas e construímos un por cada semana.
Tivemos a sorte de rexistrar o acontecido por dúas borrascas: GÉRARD e HANNELORE, que nos permitiron recoller no pluviómetro precipitacións de máis de 30 ml. Tamén comprobamos que a diferenza entre a temperatura máxima e mínima era moi pequena.
As dúas últimas semanas o tempo cambiou por completo. Estivemos dominados por un anticiclón que trouxo o tempo moi seco pero con temperaturas mínimas moi baixas e máximas sorprendentemente altas. Fixádevos como cambiou o climograma.
Durante este proxecto, investigamos sobre moitos aspectos tan de actualidade como cambio climático, quecemento global, burato da capa de ozono ou efecto invernadoiro. Tamén indagamos sobre fenómenos atmosféricos extremos como furacáns, ciclóns, tornados, secas ou inundacións. Encantounos saber sobre acontecementos meteorolóxicos misteriosos como nubes luminiscentes, auroras boreais, neve rosa, chuvia de animais… ou descubrir quen inventou o pluviómetro, o termómetro, o barómetro ou anemómetro.
PROXECTO DE EXCELENCIA
Enviado por Marta Valbuena o Ven, 20/01/2023 - 11:37Neste 2º trimestre recibimos unha agradable sorpresa relacionada con Meteoescolas:
Déronnos o Proxecto de Excelencia do traballo elaborado o curso anterior!!!
Ademais de recibir o Diploma acreditativo, recibimos unha manga de vento que nos apresuramos a colocar na nosa garita meteorolóxica.
NON PAROU DE CHOVER!
Enviado por Susi Fernandez o Xov, 01/12/2022 - 23:17Na semana do 21 ao 25 de novembro á nosa clase de 4ºA tocounos recoller os datos da caseta meteorolóxica. É unha actividade que nos gusta moito cada vez que nos toca e desta vez case todas as mañás choveu. Algúns de nos ata nos enchoupamos! Foi moi emocionante adiviñar canta chuvia recollera o pluviómetro todas as mañás.
Aquí vos deixamos algunhas fotos. Estamos desexando que nos toque outra vez!
RECOLLENDO DATOS NA CASETA METEOROLÓXICA!!
Enviado por Anónimo o Sáb, 26/11/2022 - 19:25Neste mes de novembro, o alumnado de 5º foi o encargado da recollida e rexistro de datos meteorolóxicos na caseta do noso cole.
Como cada ano, somos moi responsables e estritos co rexistro, xa que os datos son utilizados por MeteoGalicia!!
NORABOA RAPACES, MOI BO TRABALLO!!
Aquí vos deixamos algunhas fotos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »