CURSO 4ºA 4ºB

8 DE MARZO: ENTREVISTAS RADIOFÓNICAS Á MULLERES IMPORTANTES DO NOSO COLEXIO

Que mellor data para entrevistar a mulleres importantes que pasaron polo noso colexio ao longo destes 50 anos?

O día da muller traballadora foi a data elixida polo alumnado de cuarto para entrevistar a estas 6 mulleres, bravas, valentes e loitadoras:

TRES MESTRAS: CARMEN ROGEL, ESTHER LOIS E ROSA BLANCO.

Foi unha experiencia inesquecible, na que as emocións desbordáronse, sobre todo por parte das mestras, Carmen e Esther,  xa xubilidas, cando lembraban a súa estadía no noso cole.

A entrevista da profe Rosa foi a máis solicitada porque todo o alumnado de 4ºA, témoslle un cariño especial pois foi a nosa mestra en primeiro e segundo. Ela coidounos e preocupouse sempre por nós, pero especialmente cando tivemos que estar confinados por culpa da COVID 19.

Escoitade con atención estes podcasts.

 

 

E TRES EXALUMNAS : MARÍA, LARA E CRIS

María e Lara, fixeron un gran esforzo vindo ao noso cole, pois atópanse estudando as súas carreiras de psicoloxía e fisioterapia respectivamente. Ambas, amosaron a súa ilusión por volver ao que foi o seu cole durante 9 anos da súa infancia.

Cris, xa é para nós unha máis desta gran familia do alumnado de 4ºA, pois se atopa facendo as prácticas de mestra no noso colexio, e, aínda que as fai co alumnado de 1ºA, vén a nosa clase un par de veces a semana.

Escoitade:

 

Moitísimas grazas por atender á nosa chamada! 

Foi un auténtico pracer entrevistarvos!

 

CHARLA DA EXALUMNA TERE MILLÁN SOBRE A ABORDAXE DAS ENFERMIDADES

A volta das minivacacións de Entroido supuxo para nós a sorpresa de recibir a grata visita de Tere, exalumna deste colexio. Sabendo que estabamos empezando un proxecto sobre A SAÚDE   veunos falar de diferentes enfermidades e de como as podemos previr ou de como se deben tratar. 

Entendimos a importancia que o descubrimento das vacinas tiveron para erradicar diferentes epidemias. 

Tamén unha boa alimentación, unha hixiene axeitada e a práctica de exercicio físico é imprescindible para unha vida saudable.

Asemade falounos  sobre os antibióticos. Ao igual que as vacinas, estes medicamentos, supuxeron un gran avance na medicina. Quixo chamar a nosa atención cando nos contou que hai que tomalos seguindo as ordes da nosa doutora ou doutor, as horas xustas e non deixalos de tomar aínda que xa non teñamos síntomas d enfermidade. Contounos que só serven para as infeccións provocadas por bacterias. Hoxe en día existe o perigo de que o noso corpo se faga resistente aos antibióticos por abusar do seu uso.

Fixémoslle moitas preguntas:

Ao final, tamén a interrogamos  sobre a súa estadía como alumna deste centro.

Foi moi agradable recibir esta visita, nestes días previos a conmemoración do día da muller traballadora. GRAZAS TERE!

OBRADOIRO DE RADIO 4ºB

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O mércores pasado, celebrouse o día de Rosalía de Castro. Por primeira vez este ano, e despois de 185 anos do seu nacemento, cambiou a data do 24 de febreiro, despois da investigación da filóloga Sagrario Abelleira, que averiguou, que a escritora naceu o 23 de febreiro e non o 24 como ata o de agora pensábamos.

Os días previos a data sinalada estivemos facendo diferentes actividades, e aprendendo moitos datos sobre a súa biografía e os seus libros.

Tivemos a sorte de contar coa visita ao colexio de Esteban, de Tarabelos, que co seu monociclo e o seu kamisibai, amenizounos a xornada, contándonos un relato do libro "Cantares Gallegos", "Vidal o Sinventura". Ademais propúxonos facer debuxos na aula, relacionados co conto, para que o 9 de marzo, podamos pintalos no muro do patio do colexio, e que quede reflexada a arte tan grande que posúe o noso alumnado. 

Ademais cantamos o poema de "Has de cantar", da adaptación de Uxía, incluído no disco de "Rosalía Pequeniña", que fomos aprendendo os días anteriores. No seguinte video podedes ver imaxes que mostran o ben que o pasamos conmemorando a nosa escritora Rosalía de Castro!!!

 

 

       

 

ENTROIDO 2022

O Mandadiño, foi indicándonos como tiñamos que vir cada día.

Nestas imaxes poderedes ver como  cumprimos. 

O martes viñemos das nosas casas cos pixamas, as zapatillas e as batas. 

Vestímonos de negro, o mércores para colocarnos a coroa de Rosalía e así conmemorar tamén o aniversario do nosa galega máis ilustre.

O xoves, tocounos vir de mascalleiros, así que todxs recurrimos a roupa vella das nosas nais ou de de nosos pais.

E por fin chegou o venres. Festa rachada. Cada quen elixiu o disfrace que quixo.

Este ano, non se puido organizar o gran pasarrúas que faciamos sempre polas rúas de Bueu. Porén  pasámolo moi ben no patio facendo desfiles por aulas. Neste vídeo poderedes comprobalo.

 

 

PODCAST OBRADOIRO DE GUIÓNS DE RADIO 4º PRIMARIA

Nesta entrada de blog, o alumnado de 4º, quere compartir con todxs vós as gravacións que fixemos o pasado xoves no obradoiro de guións de radio con Denís.

 

 

 

 

OBRADOIRO DE GUIÓNS DE RADIO

 

Esta semana o alumnado de 4º tivemos a sorte de recibir a Denís, que nos veu dar un obradoiro sobre guións radiofónicos.

 

Empezou contándonos que, a pesar de todos os avances tecnolóxicos, a radio segue utilizándose. Tras moito divagar chegamos a conclusión de que é así porque só necesita do noso sentido do oído e que, polo tanto, podemos facer outras tarefas mentres a escoitamos: conducir, construír, pintar, cociñar, facer deporte …

Pasamos logo a aprender a facer guións. Vimos a importancia de facer unha presentación do programa e das persoas, de ter unha voz clara, de empregar palabras entendibles, de facer pausas, da música e de efectos que chamen a atención.

Despois fixemos unha tormenta de ideas para elixir o tema do noso guión.

A continuación debatemos por equipo e tomamos unha decisión

Posteriormente escribimos o guión e, unha vez rematado, o ensaiamos.

 

Finalmente o gravamos na nosa emisora.

Neste vídeo poderedes comprobar o ben que o pasamos, o atentxs que estivemos o como traballamos.

 

 

PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Este mércores 2 de febreiro, recibimos a visita de Suso, que nos estivo contando moitísimas cousas das Illas Atlánticas. 

O Corvo Mariño Cristado mostrounos (nunha presentación), por que se chama así o lugar onde vive e contounos en boca de Suso, que é un Parque Nacional, e falounos do único que hai en Galiza formado por:

-Arquipélago de Cortegada

-Arquipélago de Salvora

-Arquipélago de Ons (formado por Ons e Onza) e 

-Arquipélago de Cíes.

Aínda que é marítimo-terrestre, a superficie marina

protexida e dun 86% e a terrestre é dun 14%.

Falounos das súas partes e contounos datos interesantes sobre cada unha:

-Praias e dunas

-O mato 

-Cantís e 

-Os bosques.

Tamén soubemos os peixes que habitan nos FONDOS DE AREA (peixes planos, como a raia, o rodabaio, o lenguado e o rapante); e os que habitan os FONDOS DE ROCHA E ALGAS (onde hai bosques de algas pardas onde se esconden os peixes dos depredadores camuflándose das lubinas, polvos e róbalos, para sobrevivir).

Foi moi interesante saber máis das especies que habitan estas illas!

A continuación Suso propúxolles un xogo de adiviñas ao alumnado, dándolle unha lámina cunha imaxe e unhas pistas, para que situaran a especie autóctona que lles tocou en diferentes hábitats, na praia (píllara, pulgas de area, feo de duna), nos cantís (corvo mariño crispado, herba de namorar, líquenes), na matogueira (lagarto arnal, chasca, toxo), no bosque (choupín, vacaloura), nos fondos de rochas e de alga (mexilóns, percebes, centolas, polbo) e nos fondos de area (choco, ameixa, rodabaio...). Aprendimos unha chea de curiosidades sobre eles.

Ata lles deu un pequeno agasallo aos nenxs.

No seguinte video pódese ver o atento que estivo todo o alumnado, polo interesante que resultou a actividade.

Foi xenial! Grazas.

 

      

 

 

O BANCO DA AMIZADE

Este fermoso banco apareceu no patio do cole esta semana.

 

Antes, dentro da aula, as nosas mestras, fixéronnos reflexionar sobre o seu significado e mesmo fomos quen de escribir emotivas historias sobre el.

 

Despois, xa na hora do recreo, puidemos decatarnos da súa utilidade. Primeiro, como non? Quixemos sentarnos todxs.

Pero pronto empezamos a xogar ata que alguén se sentiu soiñx e decidiu usar o poder máxico deste asento.

Pronto acudiron compañeirxs, empáticxs, que se preocuparon.

 

Unha experiencia, sen dúbida, moi enriquecedora, que non só, nos vale para buscar amigxs, senón tamén que nos fixo darnos conta que hai compañeirxs que nos necesitan e que axudalxs, fainos sentir moi, pero que moi ben. Vale a pena deixar os nosos xogos por un momento e animar a esa persona que está sufrindo a xogar con nós, ou simplemente, acompañar e falar.

 

 

QUEREMOS BANCOS DA AMIZADE NO PATIO DO COLE!

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O pasado domingo celebrouse o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, e conmemorámolo no colexio o venres 28 de xaneiro deste ano 2022.

Por primeira vez neste curso reunímonos todo o alumnado e profesorado de primaria no patio cuberto, para cantar xuntos as cancións de "RUMBA DAS APERTAS" de Magín Blanco, Gaudi Galego, Usía Pedreira e Uxía Senlle e "IMAGINE" de John Lennon, que previamente estivemos aprendendo e practicando nas aulas.

 

   

 

   

 

 

 Tamén elaboramos un mural conxunto na entrada da escola, no que cada aula elexiu un símbolo e continuou o lema da paz "MEDRAMOS XUNTOS E XUNTAS NA PEDRA CANDO..." Nas seguintes imaxes se pode ver o sentir do alumnado, e o que para eles é importante para seguir adiante convivindo sen violencia cos seus compañeirxs e continuar o camiño COMPARTINDO en PAZ.

 

 

                              

 

        

 

          

 

           

 

            

 

                  

 

               

 

                                            

 

E co gallo do 50 aniversario do colexio, quixemos deixar a nosa pegada nos corredores do colexio, lembrando os valores cos que se consegue a paz día a día, e que queremos construir na nosa escola, para medrar xuntos e CONVIVIR EN PAZ¡¡¡ 

 

 

 

  

 

  

 

 

        POR OUTROS 50 ANOS MEDRANDO EN PAZ¡¡¡

 

Distribuir contido