OBRADOIRO DE GUIÓNS DE RADIO
Esta semana o alumnado de 4º tivemos a sorte de recibir a Denís, que nos veu dar un obradoiro sobre guións radiofónicos.
Empezou contándonos que, a pesar de todos os avances tecnolóxicos, a radio segue utilizándose. Tras moito divagar chegamos a conclusión de que é así porque só necesita do noso sentido do oído e que, polo tanto, podemos facer outras tarefas mentres a escoitamos: conducir, construír, pintar, cociñar, facer deporte …
Pasamos logo a aprender a facer guións. Vimos a importancia de facer unha presentación do programa e das persoas, de ter unha voz clara, de empregar palabras entendibles, de facer pausas, da música e de efectos que chamen a atención.
Despois fixemos unha tormenta de ideas para elixir o tema do noso guión.
A continuación debatemos por equipo e tomamos unha decisión
Posteriormente escribimos o guión e, unha vez rematado, o ensaiamos.
Finalmente o gravamos na nosa emisora.
Neste vídeo poderedes comprobar o ben que o pasamos, o atentxs que estivemos o como traballamos.