CHARLA DA EXALUMNA TERE MILLÁN SOBRE A ABORDAXE DAS ENFERMIDADES
A volta das minivacacións de Entroido supuxo para nós a sorpresa de recibir a grata visita de Tere, exalumna deste colexio. Sabendo que estabamos empezando un proxecto sobre A SAÚDE veunos falar de diferentes enfermidades e de como as podemos previr ou de como se deben tratar.
Entendimos a importancia que o descubrimento das vacinas tiveron para erradicar diferentes epidemias.
Tamén unha boa alimentación, unha hixiene axeitada e a práctica de exercicio físico é imprescindible para unha vida saudable.
Asemade falounos sobre os antibióticos. Ao igual que as vacinas, estes medicamentos, supuxeron un gran avance na medicina. Quixo chamar a nosa atención cando nos contou que hai que tomalos seguindo as ordes da nosa doutora ou doutor, as horas xustas e non deixalos de tomar aínda que xa non teñamos síntomas d enfermidade. Contounos que só serven para as infeccións provocadas por bacterias. Hoxe en día existe o perigo de que o noso corpo se faga resistente aos antibióticos por abusar do seu uso.
Fixémoslle moitas preguntas:
Ao final, tamén a interrogamos sobre a súa estadía como alumna deste centro.
Foi moi agradable recibir esta visita, nestes días previos a conmemoración do día da muller traballadora. GRAZAS TERE!