CURSO 4ºA 4ºB

DÍA DAS ESCRITORAS.

Como xa vén sendo tradición no noso cole, o pasado luns, 18 de outubro, celebramos o día das escritoras, para reinvindicar a figura da muller dentro da literatura, solapada historicamente.

O alumnado de cuarto tras realizar unha serie de actividades na aula de concienciación sobre esta data, visitou o Bibliocastelo para traballar no andel, preparado para esta ocasión, con multitude de libros de escritoras galegas. 

 

HOMENAXE AO PINTOR JOSÉ SOLLA

O comezo deste curso veu marcado pola triste nova da morte do noso queridísimo pintor José Solla. O alumnado de cuarto FÍXOLLE  un pequeno homenaxe interprentando algunha das innumerables pinturas.

Diante da macroescultura "INES PALMIRA"Obra do pintor , situada na praza Massó sacaron esta foto:

A comunidade educativa do centro, non pode esquecer que outro grupo de cuarto levou a cabo un proxecto sobre a figura deste artista. Este alumnado tivo a sorte de fotografiarse diante da mesma escultura con el.

O COLEXIO A PÈDRA NON TE ESQUECE!

FICBUEU 2021

O pasado martes, 14 de setembro, o alumnado de cuarto, tivemos a sorte de seren invitadxs á sección xuvenil do Festival de curtametraxes de Bueu.

Estas foron as proxeccións que vimos:

- Reflexo

- Loop

- Migrants

- Dix ans

- Latitude du printemps

Encantánronos todas, pero tras facer votacións na clase, quedou vencendora por ampla maioría Loops.

GRAZAS FICBUEU POR CONVIDARNOS!

BENVIDA AO CURSO 2021/ 2022. PRESENTACIÓN REUNIÓN COAS FAMILIAS

Chexs de ilusión e coa esperanza de ter un ano tranquilo a todos os niveis pero en especial pola situación epidemiolóxica, iniciamos este novo curso co alumnado que este ano inician 4º de E. Primaria.

O pasado martes, 14 de setembro, tivemos a xuntanza de inicio de curso. Aquí vos deixamos  a presentación dixital da reunión.

 

FIN DE CURSO

O ÚLTIMO DÍA DO CURSO CHEGOU CHEO DE SORPRESAS:

  • CHARLA DIVERTIDA DE RAMÓN SOBRE OS PETROGRIFLOS DA CONTORNA
  • ENTREGA DE AGASALLOS DO AMIGO INVISIBLE
  • RECOLLIDA DUNHA MOCHILA CHEA DE AGASALLOS 
  • FESTA DE GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º
  • ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO: QUE SABES DE XELA ARIAS?

No seguinte vídeo poderedes ver unha galería das imaxes deste día.

 

FELIZ VERÁN!

LEITUGAS! LISTAS PARA PAPAR!

Primeiro sementamos, despois transplantamos e agora    .... preparadas para comer!

 

POEMA DE VERÁN

O QUE O MAR NON QUERE: VISITA AO MUSEO MASSÓ

O pasado venres, 18 de xuño, o alumnado de terceiro fomos ao museo Massó da nosa vila. Alí, ademais de visitar as súas instalacións, realizamos un obradoiro chamado O QUE O MAR NON QUERE, co fin de concienciarnos da importancia de non tirar lixo ao mar.   Lucía, a  nosa guía, foi amosándonos o tempo que tardaban os materiais en desfacerse, dende un simple papel de xornal, ata unha lata de refresco, unha bolsa de plástico, uns cueiros, unha pila ou unha botella de cristal., sen esquecernos das máscaras, tan actuais pola COVID.

Chamounos a atención que sexa o vídreo o material que máis tarda en desintegrarse, que as pilas sexan tan altamente contaminantes, e que os plásticos se terminen convertendo en microplásticos que os peixes consumen e polo tantos os humanos tamén.

Lucía volveunos falar da importancia das tres R (Redución, reutilización e reciclaxe) para salvar os océanos e a Terra en xeral.

Tiñamos pensado remater o día na prais da Banda do Río, pero a chuvia non o permitiu. Si que puidemos merendar na alameda e xogar un pouquiño alí.

 No seguinte vídeo amosamos as imaxes deste día:

 

ANDAINA POLA RUTA DOS MUÍÑOS DO RÍO FRADE

O curso chega ao seu fin. A pesar de todas as restriccións que a pandemia da COVID 19 obrigounos a adoptar, o alumnado e profesorado negámonos a non facer ningunha excursión.

Así que, este mércores, 16 de xuño, as aulas de terceiro pecharon as súas portas  e marchamos cara ao río Frade, para camiñar á beira da infinidade de muíños que hai ata a aldea de Meiro. 

Esta camiñata non a poderiamos levar a cabo sen a guía de MARTÍN CALVIÑO, que non só coñecía perfectamente o camiño, senón que nos días previos dedicouse a limpar e sacar atrancos para que os 48 nenos e nenas que formamos parte deste nivel de primaria, puideramos camiñar sen imprevistos.

Tamén queremos agradecer a axuda de PATRI TORRES, mestra que o ano pasado fixo prácticas no noso cole, e que colaborou co profesorado facendo a ruta máis doada.

Neste vídeo poderedes desfrutar vendo o ben que o pasamos e ...

BEN MERECIDO QUE O TIÑAMOS DESPOIS DUN CURSO

MOI, MOI DURO!

 

CONCERTO EXTRA! PACO NOGUEIRAS E MARC TAEGER

Este fin de curso está resultando superdivertido. O martes, 15 e o mércores E 16 puidemos desfrutar do concerto EXTRA, con Paco Nogueiras e o noso querido y admirado veciño MARC TAEGER, como ilustrador,  en directo. 

O concerto, é a actividade que a editorial Kalandraka, ofreceu aos centros subscritos ás súas publicacións, e que este ano por mor da pandemia nonpuido ser presencial. Foi emitido polo canal KALANDRAKA TV.

Mirade que ben o pasamos!

 

Distribuir contido