O QUE O MAR NON QUERE: VISITA AO MUSEO MASSÓ

O pasado venres, 18 de xuño, o alumnado de terceiro fomos ao museo Massó da nosa vila. Alí, ademais de visitar as súas instalacións, realizamos un obradoiro chamado O QUE O MAR NON QUERE, co fin de concienciarnos da importancia de non tirar lixo ao mar.   Lucía, a  nosa guía, foi amosándonos o tempo que tardaban os materiais en desfacerse, dende un simple papel de xornal, ata unha lata de refresco, unha bolsa de plástico, uns cueiros, unha pila ou unha botella de cristal., sen esquecernos das máscaras, tan actuais pola COVID.

Chamounos a atención que sexa o vídreo o material que máis tarda en desintegrarse, que as pilas sexan tan altamente contaminantes, e que os plásticos se terminen convertendo en microplásticos que os peixes consumen e polo tantos os humanos tamén.

Lucía volveunos falar da importancia das tres R (Redución, reutilización e reciclaxe) para salvar os océanos e a Terra en xeral.

Tiñamos pensado remater o día na prais da Banda do Río, pero a chuvia non o permitiu. Si que puidemos merendar na alameda e xogar un pouquiño alí.

 No seguinte vídeo amosamos as imaxes deste día: