CURSO 3ºA 3ºB

SAMAÍN

O alumnado de 3º A e 3ºB fixemos unhas adiviñas moi chulas de personaxes galegos que dan MOITÍSIMO MEDO:

 

QUEN SON?

 

Este ano por mor da pandemia non puidemos facer exposición de cabazas, pero algúns si que viñemos disfrazados.

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Non podemos deixar de lembrar nesta data, a todas as mulleres que en pleno século 21, seguen sendo víctimas da violencia machista.  

O Concello de Bueu, agasallounos cunha máscara, para que todxs o teñamos presente.

Sacámonos unha foto diante deste pintada no patio do noso cole:

E reflexionamos sobre os carteis que están nos coredores da noso cole e nos escaparates dos locais da nosa vila:

CORRELINGUA 2020

Non Puido ser en maio, nin puido ser presencial, pero foi en novembro e por streming. O CORRELINGUA DO MORRAZO 2020, celbrouse por riba de pandemias e alertas. 

O alumnado dos centros escolares da comarca conectámonos co Centro Sociocultural Daniel Castelao de Moaña, onde 

A GRAMOLA GOMINOLA, dou un marchoso concerto, ante un reducido grupo de rapaces e rapazas do CEIP de Quintela. O alumnado de terceiro conectámonos e seguimos a actuación dende as nosas aulas. 

PASÁMOLO XENIAL!

Ademais agasalláronnos cunha mochila e unha pulseira co lema dsta edición:

"VINTE COA LINGUA!

ANIVERSARIO DE PAPIRUS

Este ano non o puidemos celebrar como en anos pasados, pero non pasa nada. O alumnado de terceiro cantámoslle na lingua preferida de Papirus.  

O noso querido polbiño, mandounos un correo e explicounos en que ía consistir o noso proxecto. Por fin sabemos que ODS, significa Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e que o noso proxecto ten este fermoso lema: “COMPREMETÉMONOS CO NOSO PLANETA”.

Este vídeo que publicamos a continuación, é un perfecto punto de partida para empezar a traballar neste interesantísimo proxecto.

AS FOLLAS DUNHA ARBORIÑA

O alumado de 3º, do noso cole, empezou o outono recitando un  poema de Antonio García Teijeiro, extraído do libro

VENTO VENTIÑO VENTEIRO

Este libro o traballaron o curso pasado, cando aínda estaban en 2º. Nestes vídeos podedes desfrutar vendo ás valentes e aos valentes que se atreveron a gravar.

 

PRESENTACIÓN DIXITAL DA REUNIÓN COAS FAMILIAS DE TERCEIRO

Estimadas familias!

Como prometimos na xuntanza  de principio de curso, deixámosvos a presentación da mesma.

Saúdos

Ami e Jose Ángel

 

POEMAS COLAXE

O alumnado de cuarto xa nos demostrou na corentena que eran excelentes poetas e poetisas. 

Nesta entrada de blog amósannos os poemas que crearon utlizando diferentes técnicas de colaxe.

EXCURSIÓN VIRTUAL A SANTIAGO

A nosa capital, Santiago de Compostela, era o lugar elixido nas aulas de cuarto de primaria para ir de excursión este fin de curso. A pandemis do COVID 19, truncou os seus plans.

Porén,Raúl e Martín decidiron facer unha presentación dixital para compartilas coas súas compañeiras e compañeiros. Despois compartíronas cos seus compañeiros e compañeiras nas reunións webex.

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE O MAPA DE EUROPA

Observade que ,agnífico traballo de investigación fixo o alumno de Cuarto, Iván Avendaño Bravo, sobre o mapa de Europa, e máis concretamente sobre a Unión Europea. 

Foi un traballo feito un xeito totalmente voluntario e agora quere compartilo con toda a comunidade educativa.

 

GRAZAS IVÁN!

TAREFA DE E. FÍSICA ÚLTIMA SEMANA DO CURSO

A profe Gore despídese de vós, como fai sempre na última sesión do trimestre, deixándovos elixir a actividade. No arquivo adxunto atoparedes a súa proposta.

PERO ADEMAIS, E PARA REMATAR O CURSO, SE PINCHADES NO SEGUINTE ENLACE PODEREDES ATOPAR UNHA PRESENTACIÓN CO  RESUMO DAS ACTIVIDADES QUE REALIZASTES NESTE PERÍODO.  A VER SE VOS ATOPADES NALGUNHA FOTO OU NALGÚN VÍDEO.

 

https://docs.google.com/presentation/d/e/2PACX-1vTKMTI39YZbFcoIr7-e4Tsv3...

Distribuir contido