English A Pedra
SAMAÍN OLÍMPICO
Enviado por Amalia Omil o Lun, 13/11/2023 - 21:46Este é o mural que preside a entrada do noso cole.
Cada clase do colexio, infantil e primaria, compuxemos un esqueleto olímpico.
Estes son os esqueletos de terceiro: esquiando e surfeando.
Mirade o que fixemos o alumnado de 4º. Por un lado un esqueleto nunha competición paralímpica de baloncesto e outro facendo lanzamento de disco, imitando ao discóbolo de Mirón.
Pero o máis divertido foi o día 31 de outubro porque estivemos de festa todo o día. Moitxs decidimos vir disfrazadxs pero houbo quen preferiu non facelo.
Celebramos as olimpíadas de Papirus con obradoiros.
Na aula de 4ºA esperábanos Lina para facer unha manualidade, consistente en compoñer unha cestiña con forma de cabaza para facer o truco e trato.
Na aula de 3ºB, estaba Anita, para facer xogos sobre papel como sopàs de letras, tres en raia, xogos de memoria, … en inglés.
No ximnasio estaba a Gore para mover con ela o esqueleto con entretidos xogos de movemento.
Na aula de música estaba o alumnado de sexto preparados para contarnos historias terroríficas.
Ai! Non nos podemos esquecer do final. Festa rachada no patio, con música e baile!
Clicade na imaxe para ver un divertido vídeo.
ANDAINA POLA RUTA DOS MUÍÑOS DO RÍO FRADE
Enviado por Amalia Omil o Mér, 16/06/2021 - 21:28O curso chega ao seu fin. A pesar de todas as restriccións que a pandemia da COVID 19 obrigounos a adoptar, o alumnado e profesorado negámonos a non facer ningunha excursión.
Así que, este mércores, 16 de xuño, as aulas de terceiro pecharon as súas portas e marchamos cara ao río Frade, para camiñar á beira da infinidade de muíños que hai ata a aldea de Meiro.
Esta camiñata non a poderiamos levar a cabo sen a guía de MARTÍN CALVIÑO, que non só coñecía perfectamente o camiño, senón que nos días previos dedicouse a limpar e sacar atrancos para que os 48 nenos e nenas que formamos parte deste nivel de primaria, puideramos camiñar sen imprevistos.
Tamén queremos agradecer a axuda de PATRI TORRES, mestra que o ano pasado fixo prácticas no noso cole, e que colaborou co profesorado facendo a ruta máis doada.
Neste vídeo poderedes desfrutar vendo o ben que o pasamos e ...
BEN MERECIDO QUE O TIÑAMOS DESPOIS DUN CURSO
MOI, MOI DURO!