Saltar navegación.
Inicio

Seguridade viaria no CEIP A MAÍA

Estimadas nais, pais, familias

 

Desde o curso 2015/16, levamos pedindo ao Concello de Ames, á Deputación de A Coruña e á Xunta de Galicia, a mellora da seguridade viaria no entorno do CEIP A MAÍA. Até o de agora, pese á nosa insistencia,  non conseguimos demasiado, xa que sempre houbo atrancos pola titularidade da rúa. Desde fai uns meses a titularidade pasou ao Concello de Ames e volvemos a solicitarlle as melloras, entre elas un paso de peóns para a o portal de entrada e saída do alumnado e algún tipo de  sinalización que se encadre dentro das chamadas “redutores de velocidade”, que como o seu propio nome indica, trátase de indicacións destinadas a aqueles vehículos que pasan por un tramo en concreto fágano a unha velocidade moi baixa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aproveitando que o Concello de Ames comezou onte a  executar  as obras de acondicionamento da AC-544, pedimos a vosa colaboración, si vos parece que as nosas petición son lóxicas e redundan na seguridade, non só do noso alumnado, senón de toda a comunidade educativa.

 

Ocórresenos que deberíamos enviar a petición -cada un a súa-  a través da canle de comunicación cidadá que ten o Concello de Ames: atencioncidada@concellodeames.gal  co seguinte texto:

 

"Pola seguridade do meu fillo/a, solicito un novo paso de peóns (á maiores do existente) e limitación e redutores de velocidade no tramo viario que afecta ao  CEIP A MAÍA".

 

Grazas pola vosa colaboración.

Equipo directivo e claustro de profesorado do CEIP A MAÍA

 

PORTAS ABERTAS EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

LÚA TRIANGULAR. NADA É IMPOSIBLE

Desde o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua queremos difundir esta información por se é do voso interese.

Este venres, 1 de marzo, ABRIU O PRAZO DE INSCRICIÓN para a sesión de contos con música de JARA ORTIZ, denominada LÚA TRIANGULAR. NADA É IMPOSIBLE

Trátase dunha sesión de contos que mestura música, teatro e humor e que nos propón unha viaxe activa e creativa ao País dos Contos para vivir aventuras que transformaran o mundo nun lugar mellor, máis diverso e máis xusto no que todas e todos teñamos igualdade de dereitos.

Esta nova actividade Apego coa que festexamos o día da Muller será venres, 8 de marzo, na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18.00 h e está pensada para familias con crianzas a partir de 3 anos.

Lembrade que para anotarvos tedes que enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal indicando:

-NOME E APELIDOS DAS PERSOAS QUE IDES VIR

-IDADE DOS/AS NENOS/AS

-TELÉFONO DE CONTACTO

OLLO!!Non se admitirán inscricións fóra de prazo e as prazas asignaranse por orde de recepción de solicitude.

Tedes toda a info no cartel que vai anexo.

ADMISIÓN 2024/25

Renovación e preinscrición en Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas. Curso 2024/2025

O Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede Municipal de Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas para o curso 2024-2025
 
Deberán preinscribirse os nenos e as nenas de novo ingreso e os que non estiveran dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación.
 
Deberán renovar aqueles que estean dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación e queiran volver a facer uso dos mesmos no curso 2024-2025
 
O prazo para poder facer esta xestión está aberto dende o 1 de marzo ao 1 de abril. Posteriormente, abrirase un prazo para formalizar a matrícula dos preinscritos aceptados.
 
 

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E O CIBERACOSO ESCOLAR

Desde hoxe contamos no centro con un PUNTO LARANXA contra o acoso e o ciberacoso escolar. 

 

 

É un punto físico, ben identificado, que funciona como unha caixa de correo a través da cal o alumnado poderá comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou que perciban en terceiros.

 

 

 

 

Participación activa das familias

As familias desempeñan un papel fundamental para a prevención do acoso e o ciberacoso e, polo tanto, neste plan cobra unha especial relevancia a súa contribución para a prevención de conflitos e a resolución pacífica destes. De aí que se promova unha estreita colaboración entre as familias e os centros educativos habilitando liñas de comunicación coa escola para traballar de maneira conxunta.  

Para asegurar a súa participación fluída, crearase unha canle dixital para as familias que inclúa información, contidos formativos e materiais que axuden á detección temperá de condutas de acoso. Isto é, que as familias tamén dispoñan de ferramentas que as axuden a identificar cambios nos seus fillos que poidan derivar desas situacións.  

Para iso potenciarase o papel das asociacións de nais e pais con accións formativas desenvolvidas por profesionais da Consellería de Sanidade, e seguiranse ofrecendo obradoiros específicos para familias tanto nos centros como en concellos e asociacións deseñados pola Consellería de Política Social e Xuventude a través dos profesionais dos centros Quérote+.  

Lectura Recomendada. EDUCAR SIN DESESPERAR

Desde a Dinamización de Benestar e Convivencia queremos recomendarvos a lectura deste libro

 

 

 

Si queredes ler un pequeno avance podedes facelo premendo aquí

Día internacional de Lingua Materna

O día 21 de febreiro é o día internacional de Lingua Materna polo que vos deixamos esta ligazón, na que a académica de número, María López Sández da REAL ACADEMIA GALEGA  escribe sobre el. Por ese mesmo motivo e para celebrar tamén o Día de Rosalía, María estivo o mércores 21 no noso colexio, dando unha charla para o alumnado e 5º e 6º de Primaria. Foi un luxo e por iso vos convidamos a ler este artigo seu:

 

https://academia.gal/-/21-de-febreiro-dia-internacional-da-lingua-materna

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA ADMISIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL

Reserva chamando ao 881866004

 

Programa Rosalía do Concello de Ames

Dende o Departamento de Normalización Lingüística queremos difundir esta información que nos chegou do concello de Ames para animar a todos os interesados e interesadas a participar nas actividades que organizan dentro do programa Rosalía. Adxúntanse pdf con actividades e cartel.

Distribuir contido