Saltar navegación.
Inicio

AUGA NO NOSO COLEXIO

    Non é o título de ningunha Unidade Didáctica.  AUGA, así con maiúscula,  foi o que tivemos o pasado venres día 14. A entrada do colexio estaba inundada e era practicamente imposible entrar ao edificio de primaria sen mollarse.
    Desde a Dirección do Centro  comunicouse de forma reiterada esta situación ( e outras como o estado do cerre metálico da pista cuberta... ) ás autoridades locales para que resolvan dunha vez este problema pero sen obter resposta satisfactoria.
    Esta situación repítese cada vez que chove de forma intensa. As imaxes "falan" por si soas.

D. XOSÉ NEIRA VILAS VISITA O NOSO CENTRO

O SAMAIN

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarra s e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.

A BIBLIOTECA LEVA O NOME DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

 
Xa fai tempo que no noso centro comezamos a poñer nome as aulas de persoeiros ilustres que logo nos visitan. Un deles é o escritor Agustín Fernández Paz, nome que honra a nosa biblioteca.
El non se esquece de nós; fai poucos días fíxonos chegar un lote de libros que ademais tiñan dedicatoria. Grazas Agustin, moitas grazas do CEIP A Maía.
 
(+ INFORMACIÓN EN: http/www.biblioceipamaia.blogspot.com)

 



 

DÍA DA PAZ

Hoxe pola mañá todos os alumnos/as e profesores do noso Centro fixemos dous grandes símbolos da PAZ no patio do colexio. Foi o colofón ás actividades que nesta semana viñemos celebrando no colexio.

 

Distribuir contido