Saltar navegación.
Inicio

RAMÓN CARIDE E JAIME ASENSI, NO NOSO COLEXIO

O 13 de decembro recibimos a visita de Ramón Caride,

Jaime Asensi e Moncho Caride 11.57B.JPGautor de "O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas"

e de Jaime Asensi, ilustrador do mesmo.

A NOSA HOMENAXE A NELSON MANDELA

NELSON MANDELA, o home da Reconciliación Nacional de Sudáfrica,

finou o día cinco deste mes de decembro.mandela_0.jpg Vaia a nosa modesta homenxe

e lembranza.

 

Ver máis información

CANTANDO OS REIS COS NENOS DE INFANTIL

O alumando de primaria cantou os Cantos de Reis ao alumnado de infantil.

 

 

REVISTA "OLLOS DE AULA" PARA AS FAMILIAS

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega ten na súa páxina web a disposición unha interesante Revista dirixida ás familias do alumnado.

Prema no seguinte enlace para acceder á mesma

REVISTA "OLLOS DE AULA"

 

En outubro, máis inundacións

Os días 3 e 22 do mes de outubro foron moi chuviosos o que provocou inundacións no noso centro.

As dependencias máis afectadas foron o ximnnasio, a biblioteca, sala do profesorado e algunha aula máis.

No ximnasio xa non é a primeira vez que se producen pois ao estar nunha zona baixa, todas as augas da chuvia van parar alí.

A ver se os responsables toman medidas e se corrixen e nos esquecemos delas.

Para mostra, esta imaxe do ximnasio

2013-10-03 Inundación Ximnasio.JPG

 

VISITA DE LUIS NAVARRO, PROFESOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO

O venres 7 de novembro visitonos Luis Navarro, Biólogo, profesor e investigador da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo.

+ INFO

IMG_5700B.jpg

EXPOSAMAÍN

Estamos no outono e chegou o SAMAÍN. Por este motivo no noso centro organizáronse exposicións de cabazas, pezas de xoiería e moita imaxinación. Se queredes ver a EXPOSAMAÍN INFANTIL E EXPOSAMAÍN PRIMARIA, premede nas seguintes imaxes.

EXPOSAMAÍN

cabazas.jpg

AXUDAS LIBROS. GRATUIDADE SOLIDARIA

No seguinte enlace poden acceder á información que facilita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Gratuidade Solidaria

Renovación consello escolar: SORTEO MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

 

        A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

A Directora do centro.

Unha mestra ou mestre.

Un pai ou nai ou titor legal.

Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o día 18 de outubro, VENRES, ás 10:30 horas.

 

        Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

       

                                               Bertamiráns, 11  de outubro de 2024.

 

 

A DIRECTORA DO CENTRO

 

Asdo.: Mª Isabel Abelleira Bardanca

 

Axudas individualizadas para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso 2023/24

Convócanse, para o curso 2023-2024, axudas individualizadas para os alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

>> Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

>> Acceso á solicitudehttps://sede.educacion.gob.es/portada.html

 

Distribuir contido