REUNIÓNS DE TITORÍA DE INICIO DE CURSO
Enviado por A Maía o Lun, 21/09/2015 - 10:59am
As primeiras reunións de titoría coas familias serán nas seguintes datas:
DÍA |
HORA |
CURSOS |
ETAPA |
LUGAR DE REUNIÓN |
||
30 de setembro |
16:30 |
5º |
Infantil |
AULARIO DE INFANTIL: Na Aula de cada grupo |
||
A: |
B: |
C: |
||||
30 de setembro |
16:30 |
6º |
Infantil |
AULARIO DE INFANTIL: Na Aula de cada grupo |
||
A: 1 |
B: 5 |
C: 7 |
||||
6 de outubro |
16:30 |
1º |
Primaria |
EDIFICIO DE PRIMARIA: Na Aula de cada grupo |
||
A: 1 |
B: 2 |
C: 3 |
||||
6 de outubro |
16:30 |
2º |
Primaria |
EDIFICIO DE PRIMARIA: Na Aula de cada grupo |
||
A: 7 |
B: 4 |
C: 5 |
||||
7 de outubro |
16:30 |
3º |
Primaria |
EDIFICIO DE PRIMARIA: Na Aula de cada grupo |
||
A: 6 |
B: 10 |
C: 9 |
||||
7 de outubro |
16:30 |
4º |
Primaria |
EDIFICIO DE PRIMARIA: Na Aula de cada grupo |
||
A: 18 |
B: 19 |
C: 17 |
||||
8 de outubro |
16:30 |
5º |
Primaria |
EDIFICIO DE PRIMARIA: Na Aula de cada grupo |
||
A: 14 |
B: 11 |
C: 12 |
||||
8 de outubro |
16:30 |
6º |
Primaria |
EDIFICIO DE PRIMARIA: Na Aula de cada grupo |
||
A: 13 |
B: 15 |
C: 16 |
AVISO IMPORTANTE: FONDO DE LIBROS DE 3º DE PRIMARIA
Enviado por A Maía o Mar, 15/09/2015 - 1:27pmAclaración sobre o fondo de libros de 3º de primaria
Estimadas familias,
Somos conscientes da vosa inquietude con este tema, xa que afecta ao normal desenvolvemento das clases das vosas fillas e fillos, así que queremos darvos unha serie de explicacións para que entendades a razón pola que, a día de hoxe, seguimos á espera.
·
Só o alumnado solicitante de libros do fondo, e dos que está publicado o listado na web e na porta principal do centro, ten a totalidade dos libros concedidos.
·
Ademais, os centros chegamos a acordos coas editoriais para que nos doaran a maior cantidade posible de libros para que o alumnado que non solicitou se poida beneficiar do uso gratuíto durante o curso dalgún libro.
·
Ata que teñamos aquí a totalidade dos libros, non poderemos decirvos cales tedes que mercar e cales vos cedemos por este curso dende o centro. O feito de non telos aquí aínda débese a que durante o mes de agosto todo estivo paralizado nas editoriais por coincidir co período vacacional e, xa en setembro, as manifestacións por parte de gandeiros e sector lácteo, paralizou os repartos que tiñan que saír do polígono industrial.
Pedímosvos que agardedes ata que dende o centro vos indiquemos exactamente cales son os libros que tedes que mercar.
Un saúdo
A directora
Isabel Abelleira Bardanca
AVISO IMPORTANTE PARA OS SOLICITANTES DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
Enviado por A Maía o Lun, 14/09/2015 - 2:36pmMañán martes 15 de setembro xa poden retirar os vales para adquisición de material.
Diríxanse á conserxería do centro para retiralos.
Para calquera dúbida ou consulta pasen por Secretaría.
AVISO IMPORTANTE PARA OS SOLICITANTES DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
Enviado por A Maía o Sáb, 05/09/2015 - 3:23pmAVISO IMPORTANTE PARA OS SOLICITANTES DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
Unha vez entregada a documentación, deben esperar a que se lles entregue o VALE correspondente,
De momento non é posible acceder á aplicación para xeralos, unha vez que se poida facer, serán avisados dende o centro para que pasen a recollelo.
Lembren que o prazo para entrega de solicitudes abrangue dende o 2 de setembro ata o 1 de outubro.
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2015/16
Enviado por A Maía o Mar, 01/09/2015 - 4:04pm
Convocadas as axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16.
BENEFICIARIOS:
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial.
A concesión da axuda comporta as seguintes obrigas:
a)
Seguir as directrices que marca a orde de convocatoria e destinar o importe da axuda na súa integridade á adquisición de material escolar do curso académico para o cal se solicitou a axuda.
b)
Cooperar coa Administración educativa en cantas actividades de inspección e verificación leve a cabo, para asegurar o correcto destino da axuda.
c)
As establecidas para os beneficiarios no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
PRAZO DE SOLICITUDE
Do 02/09/2015 ao 01/10/2015
REQUISITOS
a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
DOCUMENTACIÓN
·
As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.
·
As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es ) .
·
Os formularios de solicitude poderán obterse na guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e tamén se poderán descargar en formato PDF do portal educativo no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es
·
Unha vez cuberta a solicitude, deberá presentarse xunto coa documentación, segundo se indica no artigo 3 desta orde, debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar que obteñan ingresos, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.
·
A aplicación informática para a xestión das axudas tamén permitirá a xeración da solicitude unha vez introducidos os datos polo centro.
·
Se a solicitude se presenta no centro docente onde está matriculado o alumno, presentarase orixinal e copia da documentación, co fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais. En caso de que a presentación non se faga no centro, deberá presentarse orixinal ou copia debidamente compulsada.
A documentación que hai que achegar xunto á solicitude será a seguinte:
a) Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.
b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.
Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, no día 31 de decembro de 2013, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
-
1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
-
2º. Certificado ou volante de convivencia.
-
3º. Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar.
c) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2013 ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante, cando non autoricen a consulta telemática.
d) No caso de discapacidade igual ou superior ao 33 % dalgún membro da unidade familiar, incluído/a o/a alumno/a, deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia en 31 de decembro de 2013:
-
1º. Certificado emitido polo órgano competente.
-
2º. Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de percepción de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou
-
3º. Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
e) No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.
A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.
O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.
Os centros docentes prestarán asesoramento ás persoas interesadas para que cubran as solicitudes de xeito correcto en todas as súas epígrafes e acheguen a documentación requirida por esta orde.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
TALLERES DE FIN DE CURSO
Enviado por A Maía o Mar, 14/07/2015 - 12:42pmPara rematar o curso o Equipo de Actividades Extraescolares organizou para os rapaces de primaria tres talleres relacionados coa Cultura Urbana breakdance, graffiti e beatbox. Para levar a cabo estas actividades que unen a expresión artística e o ocio activo viñeron Dras, Pablo e David de a Vella Escola . Premendo AQUÍ entrades no blog da Biblioteca e tedes toda a información.
Para os pequenos de infantil trouxoselles un taller para coñecer os animais mariños co equipo de Arenaria Coordinación. Ler máis no blog da aula 3 de infantil: AQUÍ.
LISTAXES PROVISIONAIS ADMITIDOS E EXCLUÍDOS FONDO LIBROS
Enviado por A Maía o Lun, 13/07/2015 - 1:05pmLIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015-2016
Enviado por A Maía o Ven, 26/06/2015 - 12:50pmPrema no curso de primaria correspondente para acceder á información
A NOSA REVISTA ESCOLAR, AMAÍA (Nº 27)
Enviado por A Maía o Xov, 25/06/2015 - 12:11pm- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- seguinte ›
- última »