AVISO IMPORTANTE: ALERTA METEOROLOXICA
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 16/01/2023 - 5:18pmA Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezará o martes día 17.01.2023 ás 06.00 horas e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 18.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense.
O aviso será amarelo no mesmo período horario nas áreas: Interior de A Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.
Adicionalmente se alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento dende hoxe día 16.01.23 ata o medio día do mércores 17.01.2023 nas zonas da Mariña Lucense e noroeste de A Coruña.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
1. A SUSPENSIÓN do transporte escolar DURANTE O MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense, con seguimento das condicións climáticas nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.
O noso centro pertence á zona do interior da Coruña, polo estaremos en seguimento das condicións climáticas e avisaremos dos cambios coa maior celeridade posible.
2. SUSPENSION do transporte escolar EN HORARIO DE TARDE DO MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense y Valdeorras.
3. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas da Mariña Lucense e o noroeste de A Coruña ata as 12h do martes 17.
Moitas grazas pola súa colaboración e un saúdo.
AVISO IMPORTANTE: Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 18/12/2019 - 11:05amA Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará hoxe, mércores día 18.12.2019 ás 09.00 horas e prolongarase ata as 18:00 horas. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da totalidade da provincia da Coruña e Pontevedra, a Mariña de Lugo e noroeste e montaña de Ourense.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.
Convocatoria de folga e establecemento de servizos mínimos para o día 12/12/2019
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 11/12/2019 - 10:44amDiversas organizacións sindicais comunicaron a convocatoria de folga que afectará o persoal docente, e que se desenvolverá desde as 00.00 horas ás 24.00 horas do día 12 de decembro de 2019.
Ante esta convocatoria e en previsión de que o persoal deste centro poida acollerse ao seu dereito á folga, establécense uns servizos mínimos para garantir a atención, vixilancia e coidado do alumnado, xa que o centro permanecerá aberto no seu horario habitual.
Segundo o disposto na ORDE do 28 de novembro de 2019 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 12 de decembro de 2019, terán a consideración de servizos mínimos para o persoal docente dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a dirección ou membro do equipo da dirección.
En virtude disto queda fixada co persoa responsable dos servizos mínimos A directora: Mª Isabel Abelleira Bardanca.
En Bertamiráns, 10 de decembro de 2019
LISTAS DEFINTIVAS DE TRANSPORTE
Enviado por A Maía o Mar, 11/09/2018 - 7:53pmIMPORTANTE:ACTUALIZACIÓN DAS LISTAS DE TRANSPORTE
Por favor, comproben os listados xa que por cuestións organizativas introducíronse algúns cambios
PREMA EN ADXUNTO para poder visualizar o listado completo.
HORARIOS E PARADAS DOS AUTOBUSES ESCOLARES
AUTOBÚS Nº1
Parada |
Hora Aprox. |
Igrexa _Covas |
8:38h. |
Aldea Nova 1 |
8:45h. |
Aldea Nova 2 |
8:45h. |
Porto (Lugar de referencia: ¿Qué como?) |
8:50h. |
AUTOBÚS Nº 2
Parada |
Hora Aprox. |
Ponte do Paseo Fluvial (Lugar de referencia: Ames Sport) |
8:40h |
Centro Médico |
8:50h |
AUTOBÚS Nº 3
Parada |
Hora Aprox. |
Cortes (Lugar de referencia: CEIP Agro do Muíño) |
8:30h. |
Tarroeira |
8:40h. |
Condomiña |
8:40h |
Praza da Maía |
8:45h. |
AUTOBÚS Nº 4
Parada |
Hora Aprox. |
Pedregal (Lugar de referencia: Rotonda) |
8:40h. |
Chavián (Lugar de referencia: Panadería Xallas) |
8:40h. |
AUTOBÚS Nº 5
Parada |
Hora Aprox. |
Praza da Maía |
8:35h. |
Chavián (Lugar de referencia: Panadería Xallas) |
8:40h. |
AUTOBÚS Nº6
Parada |
Hora Aprox. |
Centro Médico |
8:45h. |
Praza da Maía . A recollida pola mañá será no Gadis |
8:50h. |
Froita na escola
Enviado por A Maía o Ven, 13/04/2018 - 10:37amUn curso máis dende o CEIP A Maía acollémonos ao Plan de Consumo de Froita na Escola.
O obxectivo do plan é incrementar o consumo de froita e verdura así como os hábitos saudables dos nenos e nenas.
Os períodos nos que se levará a cabo o consumo son os seguintes:
· 1ª semana: Do 16/04/2018 ao 20/04/2018
· 2ª semana: Do 23/04/2018 ao 27/04/2018
· As aulas participantes neste programa son todas as de educación primaria agás os grupos de 4ºB e 6ºB.
Agradecemos a vosa colaboración especialmente nestas semanas de desenvolvemento do programa, falando cos vosos fillos e fillas sobre a importancia do consumo da froita.
LISTAXES DE MATERIAL PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por A Maía o Mér, 07/09/2016 - 10:26amPeríodo de adaptación para o curso 2015/16
Enviado por A Maía o Mér, 01/07/2015 - 1:15pmAviso para familias de alumnado de novo ingreso en 4º de Educación Infantil (3 anos)
TALLER DA SEDA EN INFANTIL
Enviado por A Maía o Xov, 07/03/2013 - 6:22pmHoxe tivemos unha visita no cole: viñeron facer uns talleres sobre a producción da seda a partir dos casulos feitos polos vermes e deixaronnos unha exposición. O curso pasado cos nenos e nenas de 4 e de 5 anos estivéramos coidando un cento de vermes hasta que fixeron a metamorfose en bolboretas. Foi a primeira fase dun proxecto en colaboración coa unión de artesáns e hoxe vimos a segunda fase: o laborioso proceso de recollida dos fíos de seda. Nos talleres realizados por Mª José e Albino participaron os nenos de 5 anos e os tres grupos de primeiro de primaria.
ENTROIDO 2013
Enviado por A Maía o Lun, 11/02/2013 - 7:52pmRECITANDO A CELSO EMILIO o 12/12/12 ás 12
Enviado por A Maía o Mar, 18/12/2012 - 3:47pmDestacar que esta actividade logrou reunir en toda Galicia a máis de 200 centros educativos e arredor de 30.000 alumnos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- seguinte ›
- última »