Escolma de receitas de cociña
Enviado por A Maía o Ven, 18/03/2016 - 4:45pmEstimadas familias:
No colexio queremos facer unha escolma de receitas de cociña relacionadas coa primavera, é dicir, que as receitas inclúan algún ingrediente típico desta época do ano en Galicia, polo que vos animamos a que nestas vacacións de Semana Santa adiquedes un día a cociñar cos vosos fillos e fillas, e logo saborear a vosa creación en familia. Pode ser tanto un prato principal como unha sobremesa, xa que ás veces os doces é o que máis lles gusta aos nenos.
Achegámosvos algunhas ideas sobre froitos de primavera: aguacates, albaricoques, cereixas, ameixas, amorodos, limóns, berenxenas, coliflor, leituga, framboesas, chícharos,... e todos os que vos pasen pola cabeza. Só vos pedimos que as receitas estén escritas en lingua galega, coas receitas recibidas, faremos unha selección das máis orixinais ou divertidas e elaboraremos o noso libro de receitas de primavera para a Biblioteca Escolar. |
Este non é un traballo obrigatorio, participade se vos apetece, pero é unha boa ocasión para facer unha actividade diferente cos vosos fillos, a de cociñar, e logo elaborar entre todos a receita, facer un debuxo ou incluso pegar unha fotografía. |
O prazo máximo para entregar as receitas aos titores/as é o día 1 de abril.
Animádevos a compartir as vosas habilidades culinarias con nós e felices vacacións!!!
O equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Maía.
(podedes imprimir aquí a planilla: premendo no arquivo adxunto baixo esta entrada)
2ºC na Aula da Natureza
Enviado por A Maía o Xov, 17/03/2016 - 11:11pmAs alumnas e alumnos de 2ºC, que esperaban impacientes o seu turno, visitaron a Aula da Natureza de Ames na antiga escola unitaria da Ameixenda. Entre outras actividades para favorecer a sensibilización, o coidado e o respeto do medio, viron as partes das plantas, analizaron as raices e observaron as flores das camelias. Tamén viron as coleccións de insectos. Pasárono moi ben!
RODARIRRODARI para os nenos de 2º e 1º
Enviado por A Maía o Mér, 16/03/2016 - 10:25pmOs alumnos e alumnas de 2º e tamén os de 1º asistiron na sede da fundación Abanca en Santiago á representación do espectáculo RODARIRRODARI da compañía "Fantoches Baj" fundada por Inacio Vilariño.
Rodarirrodari (Contos do tranvía) é un espectáculo de narración oral, monicreques e acompañamento musical en directo no que, a través dos contos tradicionais de Gianni Rodari e co tranvía de Marín como medio de transporte do espectáculo, falan da domesticación dun animal como é o burro para explicar o uso e abuso das novas tecnoloxías. Premendo neste enlace tamén podedes ver un anaco do espectáculo que fixeron noutra ocasión.
2ºA na Aula da Natureza
Enviado por A Maía o Mar, 15/03/2016 - 9:52pmAs alumnas e alumnos de 2ºA visitaron hoxe a Aula da Natureza de Ames na antiga escola unitaria da Ameixenda. Os alumnos de 2ºC realizarán a mesma visita o día 16 e os de 2ºB visitárona a semana pasada como podedes ver nunha entrada anterior desta web. Entre outras actividades para favorecer a sensibilización, o coidado e o respeto do medio, viron as partes das plantas e das flores e tamén as coleccións de insectos. Tamén lles ensinaron un herbario. Gustoulles moito e pasárono xenial!
Premio no I Concurso de marcapáxinas "Día Internacional da Muller"
Enviado por A Maía o Xov, 10/03/2016 - 10:43pm
Iria Núñez Filgueira de 5ºB resultou gañadora no Iº Concurso de marcapáxinas "Día Internacional da Muller". Os marcapáxinas premiados serán editados e enviados aos centros e Bibliotecas do Concello. No auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro celebrouse o acto de conmemoración do Día e entregáronse os premios do concurso posto en marcha polo Centro de Información á Muller.
Premer AQUÍ para ver máis información do acto na páxina do Concello. |
|
Este certame estivo dirixido aos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria dos colexios públicos de Ames. As bases do concurso estableceron tres categorías diferentes. A primeira estivo dirixida ao alumnado de Educación Infantil; a segunda ao de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e a terceira aos rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
|
|
educació |
Deste xeito os gañadores e gañadoras foron na 1ª categoría, Carolina Guerra García, alumna de infantil do CEIP Agro do Muíño; na 2ª categoría, Diego Cacheiro Blanco, alumno de 2º de primaria do CEIP Agro do Muíño; e na 3ª categoría, Iria Núñez Filgueira, alumna de 5º de primaria do CEIP A Maía. Parabéns Iria! |
2º B na Aula da Natureza
Enviado por A Maía o Mar, 08/03/2016 - 10:40pmAs alumnas e alumnos de 2º B visitaron hoxe a Aula da Natureza de Ames na antiga escola unitaria da Ameixenda. (As outras aulas terán a visita os días 14 e o 16). Entre outras actividades para favorecer a sensibilización cara o coidado e o respeto do medio, viron as partes das plantas e das flores e tamén as coleccións de insectos. Pasárono moi ben!
Iago: contacontos para 2º e 1º. "Feliz feroz"
Enviado por A Maía o Sáb, 05/03/2016 - 12:37pm Os alumnos e alumnas de 2º e 1º recibiron a visita de Iago, un contacontos que lles falou do libro "Feliz feroz, o lobiño riquiño" de "el hematocrítico" coas ilustracións de Alberto Vázquez. Reuníronse no escenario da Biblioteca e pasárono moi ben con Iago. Se aínda non o lestes... comezade AQUÍ |
Sinopse do libro: "A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade. Lobiño visita o seu tío e tenta facer o que lle pide: cazar coellos, asustar a Carapuchiña, comer os tres porquiños… Pero nunca o fai ben: comparte unha ensalada cos coellos, faise amigo de Carapuchiña e ponse a xogar cos tres porquiños. Este lobiño é un desastre".
2ª SEMANA DE FROITA NA ESCOLA
Enviado por A Maía o Xov, 03/03/2016 - 10:05pm
2ª semana: Do 07/03/2016 ao 11/03/2016
· 3ª semana: Do 06/06/2016 ao 10/06/2016
As aulas participantes neste programa son todas as de educación primaria agás os grupos de 4ºA e 6ºB.
Agradecemos a vosa colaboración especialmente nestas semanas de desenvolvemento do programa, falando cos vosos fillos e fillas sobre a importancia do consumo da froita.
Concerto didáctico no Auditorio de Galicia
Enviado por A Maía o Xov, 03/03/2016 - 8:16pmEste venres os alumnos e alumnas de 6º asistirán no Auditorio de Galicia ao concerto de Jazz de XACOBE MARTÍNEZ ANTELO STANDARD QUARTET. Tratamos así que os nenos e nenas ao longo da educación primaria, e dentro das posibilidades culturais que se nos ofertan para esta idade dentro da programación de Compostela Cultural, asistan a concertos de diferentes estilos. Podedes ver máis información e consultar a guía didáctica do concerto na páxina do Auditorio premendo AQUÍ ou na imaxe.
Recitando a Rosalía
Enviado por A Maía o Sáb, 27/02/2016 - 8:06pmO alumnado de primaria homenaxea a Rosalía de Castro con este recitado dos seus poemas:
Estas son algunhas das fotos que se sacaron durante a preparación do video e imaxes da vida e obras da escritora:
Unha imaxe de parte do equipo técnico no "making of"
Os alumnos e alumnas de 5º tamén participaron nun programa de Radio Ames:
|
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- …
- seguinte ›
- última »