Concerto didáctico no Auditorio de Galicia
Enviado por A Maía o Xov, 03/03/2016 - 8:16pm
Este venres os alumnos e alumnas de 6º asistirán no Auditorio de Galicia ao concerto de Jazz de XACOBE MARTÍNEZ ANTELO STANDARD QUARTET. Tratamos así que os nenos e nenas ao longo da educación primaria, e dentro das posibilidades culturais que se nos ofertan para esta idade dentro da programación de Compostela Cultural, asistan a concertos de diferentes estilos. Podedes ver máis información e consultar a guía didáctica do concerto na páxina do Auditorio premendo AQUÍ ou na imaxe.
»
- blogue de A Maía
- APIs de Blogue