Saltar navegación.
Inicio

Escolma de receitas de cociña

Estimadas familias:

  No colexio queremos facer unha escolma de receitas de cociña relacionadas coa primavera, é dicir, que as receitas inclúan algún ingrediente típico desta época do ano en Galicia, polo que vos animamos a que nestas vacacións de Semana Santa adiquedes un día a cociñar cos vosos fillos e fillas, e logo saborear a vosa creación en familia. Pode ser tanto un prato principal como unha sobremesa, xa que ás veces os doces é o que máis lles gusta aos nenos.

 

    Achegámosvos algunhas ideas sobre froitos de primavera: aguacates, albaricoques, cereixas, ameixas, amorodos, limóns, berenxenas, coliflor, leituga, framboesas, chícharos,... e todos os que vos pasen pola cabeza.

  Só vos pedimos que as receitas estén escritas en lingua galega, coas receitas recibidas, faremos unha selección das máis orixinais ou divertidas e elaboraremos o noso libro de receitas de primavera para a Biblioteca Escolar.

   Este non é un traballo obrigatorio, participade se vos apetece, pero é unha boa ocasión para facer unha actividade diferente cos vosos fillos, a de cociñar, e logo elaborar entre todos a receita, facer un debuxo ou incluso pegar unha fotografía.

   O prazo máximo para entregar as receitas aos titores/as é o día 1 de abril.

 

   Animádevos a compartir as vosas habilidades culinarias con nós e felices vacacións!!!

 O equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Maía.

 

(podedes imprimir aquí a planilla: premendo no arquivo adxunto baixo esta entrada)

 

AdxuntoTamaño
Planilla receita.odt94.55 KB