Aclaración sobre o fondo de libros de 3º de primaria
Estimadas familias,
Somos conscientes da vosa inquietude con este tema, xa que afecta ao normal desenvolvemento das clases das vosas fillas e fillos, así que queremos darvos unha serie de explicacións para que entendades a razón pola que, a día de hoxe, seguimos á espera.
·
Só o alumnado solicitante de libros do fondo, e dos que está publicado o listado na web e na porta principal do centro, ten a totalidade dos libros concedidos.
·
Ademais, os centros chegamos a acordos coas editoriais para que nos doaran a maior cantidade posible de libros para que o alumnado que non solicitou se poida beneficiar do uso gratuíto durante o curso dalgún libro.
·
Ata que teñamos aquí a totalidade dos libros, non poderemos decirvos cales tedes que mercar e cales vos cedemos por este curso dende o centro. O feito de non telos aquí aínda débese a que durante o mes de agosto todo estivo paralizado nas editoriais por coincidir co período vacacional e, xa en setembro, as manifestacións por parte de gandeiros e sector lácteo, paralizou os repartos que tiñan que saír do polígono industrial.
Pedímosvos que agardedes ata que dende o centro vos indiquemos exactamente cales son os libros que tedes que mercar.
Un saúdo
A directora
Isabel Abelleira Bardanca