Saltar navegación.
Inicio

Guía Lectura Verán 2023

Adxuntamos a Guía de Lectura para o Alumnado

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

 

 

Prazo de solicitude:     do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Texto da convocatoria:   ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Procedemento administrativo:     ED330B


 

Forma de presentación:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo

 

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023.

Documentación:

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

Calendario escolar para o curso 23_24

ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

O curso para educación infantil e primaria abranguerá dende o 11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024 ambos incluidos. 

Nadal: desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024.

Entroido: 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024.

O día do ENSINO: 7 de decembro.

Días non lectivos en Maio

Durante este mes de maio teremos os seguintes días festivos e non lectivos:

  • Mércores 17: Día das Letras Galegas.
  • Xoves 18: Festivo local
  • Venres 19: non lectivo solicitado polo centro.

Convocatoria de axudas para alumnado con NEAE para o curso 2023/24

BOE - Convócanse, para o curso 2023-2024, axudas individualizadas para os alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

>> Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

>> Acceso á solicitudehttps://sede.educacion.gob.es/portada.html

AVISO IMPORTANTE: FOLGA DE TRANSPORTE INDEFINIDA

Segundo nos trasladan desde o Servizo de Recursos Educativos Complementarios da Xefatura Territorial de A Coruña, hai unha convocatoria de folga de transporte de viaxeiros en autobús por estrada que comezará previsiblemente o día 8 de maio de 2023 e presenta carácter indefinido.

Dita convocatoria pode afectar o transporte escolar nos centros educativos.

Por este motivo, ponse en coñecemento das familias do alumnado para que poidan prever e organizar un plan alternativo de consideralo necesario.

 

Enquisa de diagnose da convivencia 2023

 

 

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pon en marcha este curso académico a IV macroenquisa de diagnose da convivencia escolar, dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (alumnado a partir de 5º de educación primaria, profesorado, persoal non docente e familias).

Esta iniciativa enmárcase dentro da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e o prazo de participación estará aberto desde o 2 ata o 22 de maio, ambos os dous incluídos.

Os centros educativos establecerán as medidas necesarias para o acceso do alumnado ás aulas de informática para cubrir os cuestionarios. Do mesmo xeito, facilitarán a participación do profesorado e do persoal de administración e servizos.

En canto ás familias, a dirección do centro facilitaralles as claves de acceso coas indicacións precisas sobre como actuar.

 

Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través da aplicación:

 convivenciaxestion (https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/).

 

 

Estudo Internacional de Tendencias en Matemáticas e Ciencias (TIMSS)

 

 

 

 

 

Estimadas familias,

Dirixímonos a vostedes para informarlles de que este centro educativo foi seleccionado aleatoriamente para participar no Estudo Internacional de Tendencias en Matemáticas e Ciencias (TIMSS polas súas siglas en inglés, Trends in International Mathematics and Science Study), xunto con outros moitos centros de máis de 60 países en todo mundo.

TIMSS é un estudo de investigación educativa dirixido pola Asociación Internacional para a Avaliación do Rendemento Educativo (IEA) e coordinado en España polo Instituto Nacional de Evaluación Educativa (INEE) xunto coas administracións educativas das distintas comunidades autónomas. Este estudo investiga as competencias matemática e científica do alumnadoe, actualmente, no noso pais realízase en 4.º curso de educación primaria.

No caso de que o seu fillo/a fose seleccionado para participar na mostra aleatoria, a súa participación no estudo non afectará ás súas cualificacións nin ao seu progreso no centro. Dado o deseño do estudo, todos os datos trataranse de maneira confidencial e anónima e non se publicarán resultados individuais que permitan identificar a estudantes ou centros educativos concretos.

O alumnado da clase de 4.º curso de educación primaria que resulte seleccionada, completará dúas probas de 36 minutos cada unha e un cuestionario de 30 minutos aproximadamente. Ademais, entregarase un cuestionario en papel a cada alumno/a para que as familias o enchan e o entreguen ao centro con anterioridade á realización da proba.

De acordo cos estándares do estudo poderá haber alumnado excluído da realización da proba por non ter unha competencia lingüística suficiente en lingua castelá e lingua galega ou por mor de necesidades específicas de apoio educativo incompatibles co formato dixital da proba.

A utilización dos datos realizarase de conformidade coa Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e o Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación dos mesmos, incorporado ao ordenamento interno pola Real Decreto-lei 5/2018, do 27 de xullo, de medidas urxentes para a adaptación do Dereito español á normativa da Unión Europea en materia de protección de datos. Así mesmo, terase en conta a Lei 12/1989, do 9 de maio, da Función Estatística Pública, así como a normativa que se deriva das mesmas. Toda a información recollida para o procesamento de datos será anonimizada.

 

Bertamiráns, 3 de maio de 2023

 

Atentamente

 

A DIRECTORA

Mª Isabel Abelleira Bardanca

AVISO IMPORTANTE: FOLGA DE TRANSPORTES PARA OS DÍAS 27 e 28 de ABRIL

Segundo nos trasladan desde o Servizo de Recursos Educativos Complementarios da Xefatura Territorial de A Coruña e desde a empresa de transporte escolar, para mañá xoves 27 de abril  e pasado mañá venres 28 de abril,  hai convocada unha folga de transporte. Dita convocatoria pode afectar o transporte escolar nos centros educativos

Aínda que transporte escolar se considera “servizos mínimos”, desde a empresa trasládannos que non poden garantir que o servizo se poida realizar ao 100%, posto que só poden garantir as rutas cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros.

Por este motivo, ponse en coñecemento das familias do alumnado para que poidan prever e organizar un plan alternativo de consideralo necesario.

Enlace de descarga do documento. 

Charla: Uso seguro de internet e das novas tecnoloxías

 

 

Desde a ANPA CEIP A Maía queremos animarvos a asistir  a charla sobre o Uso das novas tecnoloxías. 

Solicitamos confirmación de asistencia, para calculo de aforo. Gracias.

 

https://forms.gle/UThsMKyuQqLvJRyr5

Distribuir contido