MODO GALEGO: Vicente Feijoo
Enviado por A Maía o Sáb, 01/04/2023 - 11:47amModo Galego: Aportación de Vicente Feijoo, Coordinador da Unidade Técnica de Toponimia da RAG
(Descargar o arquivo de vídeo para reproducilo)
AVISO IMPORTANTE: FOLGA DE TRANSPORTE PARA MAÑÁ venres 31/03/2023
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 30/03/2023 - 10:09amSegundo nos trasladan desde a empresa de transporte escolar, para mañá hai convocada unha folga de transporte. Dita convocatoria pode afectar o transporte escolar nos centros educativos
Aínda que transporte escolar se considera “servizos mínimos”, desde a empresa trasládannos que non poden garantir que o servizo se poida realizar ao 100%.
Por este motivo, ponse en coñecemento das familias do alumnado para que poidan prever e organizar un plan alternativo de consideralo necesario.
Enlace de descarga do documento:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230330/AnuncioG0533-270323-0002_gl.html
MODO GALEGO: 3ºC
Enviado por A Maía o Mar, 21/03/2023 - 4:31pmModo Galego: Aportación de Ana de 3ºC
(Descargar o arquivo de vídeo para reproducilo)
MODO GALEGO: 5ºD
Enviado por A Maía o Ven, 10/03/2023 - 5:09pmModo Galego: Aportacións do alumnado de 5ºD
(Descargar os arquivos de audio para reproducilos)
MODO GALEGO: REFLEXIÓN
Enviado por A Maía o Mér, 08/03/2023 - 1:06pmModo Galego: reflexión
(Descargar arquivo de audio para reproducilo)
ASINANDO O ACORDO DE COMPROMISO LINGÜÍSTICO
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 06/03/2023 - 10:21amPreincrición e renovación dos servizos complementarios dependentes do Concello de Ames
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 01/03/2023 - 11:01amO Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede Municipal de Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas para o curso 2023-2024
Desde o 1 ao 31 de marzo estará aberto o prazo para preinscrición e/ou renovación dos servizos de conciliación do Concello de Ames.
Deberán preinscribirse os nenos e as nenas de novo ingreso e os que non estiveran dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación.
Deberán renovar aqueles que estean dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación e queiran volver a facer uso dos mesmos no curso 2023-2024
Máis información no enderezo www.conciliames.gal
Modo galego, actívao!
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 01/03/2023 - 10:39am
Estimadas nais, pais, familias
A Real Academia Galega, o Concello de Ames e os centros educativos do concello decidimos desenvolver colaborativamente O proxecto Modo galego, actívao!
O elemento central da experiencia consiste en establecer o compromiso entre o alumnado, o profesorado, o monitorado dos servizos complementarios e outros traballadores e traballadoras dos centros educativos de empregar o galego durante tres semanas.
Trátase de facer unha experiencia de inmersión ao estilo dos 21 días co galego, e artellarase mediante un blog que orientará diariamente o seu funcionamento. Cada entrada tratará dun asunto particular e poderá incluír distintos materiais e propostas. As e os titores, participando, adquiren o compromiso de revisar o blog todos os días co alumnado.
Podedes consultar o funcionamento do programa no seguinte enderezo Día 0 - En que consiste o programa de compromiso lingüístico? (academia.gal)
A lingua galega e o seu emprego habitual é un eixo fundamental do noso proxecto educativo, e entre todos os integrantes da comunidade educativa debemos potencialo, xa que forma parte da nosa identidade como pobo e forma parte do noso valioso patrimonio, por iso pedimos a vosa colaboración e implicación.
Un saúdo
PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023/24
Enviado por Dirección do Centro o Mar, 28/02/2023 - 11:44amO prazo de entrega de solicitudes é do 1 de marzo ata o 20 de marzo.
O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación Admisión Alumnado da Consellería de Educación ou presencialmente na secretaría do centro.
- Aquí poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) en galego ou en castelán.
- Na seguinte ligazón poden consultar o Calendario do proceso de admisión
- Poden consultar as vacantes ofertadas para o curso 2023-2024 pulsando aqui.
- A documentación que teñen que achegar coa solicitude poden descargala aqui.
Normativa relacionada
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »