A biblioteca pecha as súas portas desexándovos un bo verán!
Enviado por A Maía o Mér, 05/06/2024 - 8:45pmChegou o final do curso e pronto a biblioteca pechará as súas portas. Toca poñer en orden os andeis e os libros, por iso vos recordamos que se non o fixestes aínda, devolvades á biblioteca os libros que levastes en préstamo para casa antes do mércores día 12 de xuño.
Desde o Equipo da biblioteca queremos despedir este curso agradecendo ao profesorado, ao alumnado e aos escritores e escritoras que nos acompañaron a súa implicación nas actividades que fomos realizando. Podedes ver un resumo de todas elas no blog da biblioteca:
https://biblioceipamaia.blogspot.com/
Queremos agradecer ás familias tamén a súa participación nas actividades de animación e pedirvos que continuedes fomentando o gusto pola lectura durante as vacacións. Para iso, achegámosvos unha guía con algunhas propostas de lecturas para o verán, que cada curso redactamos entre os coles de Ames.
Bo verán!
Equipo da biblioteca do CEIP A Maia
MODO GALEGO ACTÍVAO!
Enviado por A Maía o Mar, 28/05/2024 - 7:32pmAdxuntamos un PDF co documento sobre a actividade do Traxe Galego (O Noso Patrimonio!. O traxe tradicional galego..pdf). Tamén vai un arquivo onde podedes ver como traballamos no noso centro a celebración do Día das Letras Galegas e o Modo Galego Actívao! (DÍA DAS LETRAS GALEGAS E MODO GALEGO ACTÍVAO! NO CEIP A MAÍA.pdf)
MODO GALEGO ACTÍVAO!
Enviado por A Maía o Mar, 28/05/2024 - 7:27pmPablo Seoane, un gaiteiro de recoñecido prestixio, mestre de gaita e construtor de instrumentos tradicionais galegos no obradoiro Seoane en Teo envia esta mensaxe ao alumnado do CEIP A MAÍA.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN EDUCACIÓN INFANTIL
Enviado por A Maía o Mar, 28/05/2024 - 7:25pmDÍA DAS LETRAS GALEGAS EN EDUCACIÓN INFANTIL
V FESTA DO APEGO DE AMES
Enviado por A Maía o Lun, 20/05/2024 - 4:44pmDesde o Equipo de Normalización Lingüística queremos difundir esta proposta do concello de Ames animándovos a participar nela.
Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 20/05/2024 - 10:58am
Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos
Texto da convocatoria: ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)
Procedemento administrativo: ED330B
♦ Forma de presentación de solicitudes:
-
Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica [iniciar].
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma
- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
-
Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.
♦ Documentación complementaria:
- Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
- NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
- A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática
♦ Máis información:
-
Información na Sede electrónica da Xunta de Galicia
-
Enlace ao potal educativo: páxina con listado de librerías e outros establecementos participantes en Axudas Libros (utilización dos vales de libros e material).
Premios #DígochoEu 2023-2024
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 16/05/2024 - 8:05pm
O alumnado de 6º de educación primaria acada o galardón de prata nos III Premios 'DígochoEU', que recoñece os mellores vídeos sobre o fomento da língua galega na tarde de hoxe, 16 de maio.
Esta terceira edición recibiu máis dun cento de propostas de centros de toda Galicia, entre as que o xurado tivo que decidir, valorando a calidade lingüística e expresividade dos participantes, a súa orixinalidade e a innovación do contido.
Parabéns ao alumnado e ao seu profesorado!
#digochoEu
Charla informativa. A lingua galega: unha oportunidade.
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 15/05/2024 - 9:54amO valor da língua galega
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 29/04/2024 - 5:21pmEstimadas familias,
Desde o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) do C.E.I.P. A Maía continuamos co noso obxectivo de fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado por medio de vídeos realizados coas familias nos que vós mesmos ou diferentes persoeiros/as da cultura, deporte, xornalismo, etc., poñades en valor o uso da lingua galega e animedes a usar a nosa lingua.
Con vídeos como os que se poden ver nestas ligazóns: vídeos 1, 2, 3, 4 e vídeo 5 animamos ao alumnado a empregar a nosa lingua en todos os ámbitos da vida: profesionais, académicos e persoais.
Se desexades colaborar nesta iniciativa, por favor enviade ao correo do centro ceip.a.maia@edu.xunta.gal un pequeno vídeo en formato horizontal presentándovos e saudando ao alumnado, e animándoos a empregar a lingua galega en todos os ámbitos da vida.
Moitas grazas!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »