Recomendámosche
Presentación do PDI e participación en Ames Radio polo Día das Bibliotecas Escolares
Enviado por A Maía o Lun, 28/10/2024 - 3:34pmBenvidos e benvidas ao novo curso escolar 2024-2025!
O Equipo da biblioteca do CEIP da Maia arrancamos este curso moi ilusionados coa temática escollida polo Claustro do noso centro para o Proxecto Documental Integrado (PDI). Como xa todas sabedes, este ano centrarémonos na radio. Por este motivo, para dar pulo ao noso PDI, durante as primeiras semanas de curso pedimos ao alumnado que aportara radios de todas as épocas e diferentes dispositivos e soportes para a reprodución de música e así preparar unha exposición. Sentímonos agradecidas e marabilladas pola resposta da comunidade educativa! Aquí tendes o resultado:
Imaxe 1 (exposición)
Ademais, co gallo da conmemoración do Día Internacional das Bibliotecas, tivemos a visita de Ames Radio, quen se fixo eco da nosa exposición e quixo afondar co alumnado sobre o motivo de escollermos este tema para o PDI. Tedes a retransmisión do programa no seguinte enlace (minuto 26): https://amesradio.gal/podcast/somos-ames-24-10-2024/
Imaxe 2 (Ames radio)
O alumnado quedou moi contento e cunha visita pendente ás instalacións de Ames Radio para coñecer máis de cerca como se fai un programa de radio en directo.
Saúdos!
A biblioteca pecha as súas portas desexándovos un bo verán!
Enviado por A Maía o Mér, 05/06/2024 - 8:45pmChegou o final do curso e pronto a biblioteca pechará as súas portas. Toca poñer en orden os andeis e os libros, por iso vos recordamos que se non o fixestes aínda, devolvades á biblioteca os libros que levastes en préstamo para casa antes do mércores día 12 de xuño.
Desde o Equipo da biblioteca queremos despedir este curso agradecendo ao profesorado, ao alumnado e aos escritores e escritoras que nos acompañaron a súa implicación nas actividades que fomos realizando. Podedes ver un resumo de todas elas no blog da biblioteca:
https://biblioceipamaia.blogspot.com/
Queremos agradecer ás familias tamén a súa participación nas actividades de animación e pedirvos que continuedes fomentando o gusto pola lectura durante as vacacións. Para iso, achegámosvos unha guía con algunhas propostas de lecturas para o verán, que cada curso redactamos entre os coles de Ames.
Bo verán!
Equipo da biblioteca do CEIP A Maia
Guía de Lectura Nadal 2022
Enviado por A Maía o Mér, 21/12/2022 - 5:26pmGuía de lectura proposta polo Equipo da Biblioteca do CEIP A Maía
Guía de lecturas para o Nadal
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 20/12/2021 - 6:45pmEsta guía foi elaborada conxuntamente polas bibliotecas escolares do concello de Ames.
Preme aquí para acceder
Guía de lecturas do Nadal
Enviado por Dirección do Centro o Dom, 20/12/2020 - 7:26amXa podedes consultar aquí a gúia coas recomendacións de lectura realizada polo REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DOS CENTROS PÚBLICOS DE AMES
Guía de lecturas de Nadal
Enviado por A Maía o Xov, 14/12/2017 - 3:49pmGuía de lecturas recomendadas para o Nadal elaborada polos Equipos de Dinamización das Bibliotecas Escolares do Concello de Ames.
BIBLIOTECA PARA NAIS,PAIS,FAMILIAS
Enviado por A Maía o Mér, 08/11/2017 - 2:14pmEstimadas nais, pais, familias,
Durante este curso queremos poñer á vosa disposición para lectura e consulta, unha selección de libros de pedagoxía de temas varios. A finalidade é que poidades coñecer distintos enfoques, aprender, reflexionar e incrementar a vosa seguridade como nais e pais e contar con informacións e criterios veraces, que sen dúbida, pódenvos axudar a exercer un bo desempeño pedagóxico na crianza dos vosos fillos e fillas. Tentamos seleccionar libros con unha visión sinxela e amena sen renunciar ao rigor, e que vos axuden no exercicio de vosa máis apaixonante responsabilidade: a de ser nais e pais.
Poderedes retiralos na nosa biblioteca os luns en horario de 16:30h a 17:30h. Esperamos que vos animedes a lelos, e que os atopedes de utilidade.
O noso agradecemento para a ANPA que será quen xestione directamente o préstamo.
Día das Letras Galegas: Carlos Casares
Enviado por A Maía o Mér, 17/05/2017 - 5:11pmComo sabedes, este ano o Día das Letras Galegas está dedicado ao escritor Carlos Casares e os alumnos do colexio están a facer distintos traballos para achegarse a coñecer tanto ao autor como a súa obra. No blog da Biblioteca creouse unha nova páxina que contén información, biografías, actividades tanto online como para imprimir e na que tamén iremos engadindo traballos feitos polos rapaces do cole...
"O nome da rosa" e "Matar un ruiseñor". Umberto Eco e Harper Lee
Enviado por A Maía o Dom, 21/02/2016 - 9:23pmO venres faleceron dous escritores fundamentais no século XX:
Umberto Eco, profesor, escritor e humanista, que nunha ocasión dixo "O que non lee, aos 70 anos terá vivido unha sóa vida. Quen lee terá vivido 5.000 anos. É autor, entre outras moitas obras de todo tipo, de "O nome da rosa"
e Harper Lee, que nos deixou un personaxe, Atticus Finch, que representa a integridade moral, o valor e a loita ante a inxustiza. A súa case única obra, foi incluida nunha lista dos "libros que todos deberían ler polo menos unha vez na vida"
Ler máis no blog da Biblioteca +
A psicomotricidade educativa preventiva no Concello de Ames
Enviado por A Maía o Mar, 12/01/2016 - 10:34pmQueremos recomendarvos este artigo que Milagros Lorenzo Méndez, responsable do programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva no Concello de Ames publicou na revista PyM, Padres y Maestros. Itos leva moitos anos levando adiante as actividades de psicomotricidade nos centros de Ames, entre eles o noso e xa son moitos os alumnos que pasaron polas súas máns.
Premer AQUÍ para ler o artigo.
(a sala de Psicomotricidade está no Edificio de Infantil)
Da mesma revista tamén vos poño aquí este outro artigo de Bernard Aucouturier , o pedagogo francés creador da práctica psicomotriz, que nos fala aquí dos límites na educación dos nenos.