Saltar navegación.
Inicio

Presentación do PDI e participación en Ames Radio polo Día das Bibliotecas Escolares

Benvidos e benvidas ao novo curso escolar 2024-2025!

O Equipo da biblioteca do CEIP da Maia arrancamos este curso moi ilusionados coa temática escollida polo Claustro do noso centro para o Proxecto Documental Integrado (PDI). Como xa todas sabedes, este ano centrarémonos na radio. Por este motivo, para dar pulo ao noso PDI, durante as primeiras semanas de curso pedimos ao alumnado que aportara radios de todas as épocas e diferentes dispositivos e soportes para a reprodución de música e así preparar unha exposición. Sentímonos agradecidas e marabilladas pola resposta da comunidade educativa! Aquí tendes o resultado:

Imaxe 1 (exposición)

Ademais, co gallo da conmemoración do Día Internacional das Bibliotecas, tivemos a visita de Ames Radio, quen se fixo eco da nosa exposición e quixo afondar co alumnado sobre o motivo de escollermos este tema para o PDI. Tedes a retransmisión do programa no seguinte enlace (minuto 26): https://amesradio.gal/podcast/somos-ames-24-10-2024/

Imaxe 2 (Ames radio)

O alumnado quedou moi contento e cunha visita pendente ás instalacións de Ames Radio para coñecer máis de cerca como se fai un programa de radio en directo.

Saúdos!

AdxuntoTamaño
Ames Radio (2).jpg71.36 KB
Exposición.jpg57.43 KB