Seguridade viaria no CEIP A MAÍA
Estimadas nais, pais, familias
Desde o curso 2015/16, levamos pedindo ao Concello de Ames, á Deputación de A Coruña e á Xunta de Galicia, a mellora da seguridade viaria no entorno do CEIP A MAÍA. Até o de agora, pese á nosa insistencia, non conseguimos demasiado, xa que sempre houbo atrancos pola titularidade da rúa. Desde fai uns meses a titularidade pasou ao Concello de Ames e volvemos a solicitarlle as melloras, entre elas un paso de peóns para a o portal de entrada e saída do alumnado e algún tipo de sinalización que se encadre dentro das chamadas “redutores de velocidade”, que como o seu propio nome indica, trátase de indicacións destinadas a aqueles vehículos que pasan por un tramo en concreto fágano a unha velocidade moi baixa.
Aproveitando que o Concello de Ames comezou onte a executar as obras de acondicionamento da AC-544, pedimos a vosa colaboración, si vos parece que as nosas petición son lóxicas e redundan na seguridade, non só do noso alumnado, senón de toda a comunidade educativa.
Ocórresenos que deberíamos enviar a petición -cada un a súa- a través da canle de comunicación cidadá que ten o Concello de Ames: atencioncidada@concellodeames.gal co seguinte texto:
"Pola seguridade do meu fillo/a, solicito un novo paso de peóns (á maiores do existente) e limitación e redutores de velocidade no tramo viario que afecta ao CEIP A MAÍA".
Grazas pola vosa colaboración.
Equipo directivo e claustro de profesorado do CEIP A MAÍA
- blogue de Dirección do Centro
- APIs de Blogue