blogue deDirección do Centro
Día internacional da muller e a nena na ciencia
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 11/02/2021 - 6:23pmHoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.
O Concello de Ames uniuse a esta conmemoración realizando un vídeo protagonizado por veciñas de Ames co obxectivo de visibilizar ás mulleres neste campo. As Concellerías de Promoción Económica e de Igualdade foron as responsables desta iniciativa que, producida pola empresa Mirabelle Produccións.
Deste xeito, faise pública a labor que, tanto rapazas como adultas, realizan no sector da ciencia. O vídeo recolle o traballo que fan nenas como Laura Montaña e Rosana Fernández do IES Ames; Clara González e Antía Somoza, xunto coa súa profesora Mónica Parente, no IES do Milladoiro; Martina Rey Pérez, Aixa Tarrio Mato, Enma Martinez Carrillo e Adriana Trenco Varela, alumnas do CEIP de Barouta. Ademais, neste traballo audiovisual tamén aparecen Sara Zendón e Elena Ventoso, do CEP Plurilingüe de Ventín; Aldara Domínguez e Candela Penedo do CEIP A Maía, e Zoe Glasscock e Julia Abelleira do CEIP Agro do Muíño.
Parabéns a todas as que poñen voz e opinión a este vídeo, especialmente ás alumnas de 4º de educación primaria deste centro, Aldara e Candela.
Atención para o grupo corentenado
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 01/02/2021 - 6:59pmEstimadas nais, pais de 5º C de educación infantil,
Para garantir a atención educativa a todo o grupo corentenado queremos informarvos que desde mañá mesmo poderedes conectarvos coa titora nos momentos iniciais ou finais da xornada lectiva.
Nos momentos iniciais proporcionaravos pautas e propostas de actividades para o día, e no momento final, todas as dúbidas que teñades con respecto ás actividades plantexadas, poderedes consultalas con ela.
Achégasevos o horario de atención para o grupo do voso fillo ou filla, por suposto a conexión é voluntaria para vós, non tedes obriga de conectarvos, pero si que saibades que a titora está dispoñible para darvos a vós ou aos vosos fillos as indicacións do día.
A titora acordará con vós como vos pode facer chegar as propostas de actividade (correo electrónico, portfolio Agueiro, etc)
Calquera dúbida podedes resolvela con ela no correo de aula.
Esperamos que sigades todos e todas ben.
Saúdos
ESTREA DUNHA OBRA MUSICAL! UNHA BOA NOTICIA PARA ESTES TEMPOS!
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 27/01/2021 - 12:35pmA pasado 14 de xaneiro tivo lugar no Auditorio de Galicia a presentación da nova obra musical, Gratulantes, de Sofía Oriana Infante a cargo da Real Fhilarmonía de Galicia dirixida nesta ocasión polo seu director titular, Paul Daniel. Xa é con esta obra, a segunda que estrea coa citada formación, por petición desta, pois na temporada 2019/20 o fixo con In memoriam tamén no Auditorio de Galicia.
Artigos de prensa sobre a compositora e as súas obras:
La Voz de Galicia xaneiro 2021
La Voz de Galicia outubro 2019
No curso 2018-19 puidemos disfrutar do privilexio de ter á compositora no noso colexio por un tempo, facendo unha substitución, da que gardamos un grato recordo tanto mestres/as compañeiros como os nenos e nenas, que naquel curso, tiveron a sorte de escoitala na charla que impartiu na biblioteca do colexio para os alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Neste enlace podedes ver ou recordar a experiencia:
Queremos felicitar a Sofía e animarvos a coñecer a obra desta compositora galega, que sen dúbida vos fará desfrutar e vos axudará a esquecer por un intre a situación que nos está tocando vivir. Apostamos como sempre desde aquí pola cultura! Que siga!
Colaboración en estudo sobre as habilidades socioemocionais
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 27/01/2021 - 12:09pmEstimadas familias, queremos iniciar unha colaboración coa Facultade de Psicoloxía de USC para realizar un estudo sobre as habilidades socioemocionais e o seu papel na prevención de problemas emocionais en nenos/ as do último curso de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Educación Primaria.
Os datos solicitados a partir destes traballos van orientados a adaptar un instrumento de avaliación das habilidades socioemocionais e enmárcanse nun proxecto máis amplo dirixido a elaborar e avaliar un programa de prevención centrado no desenvolvemento das habilidades socioemocionais nos nenos e nenas dos primeiros anos de Educación Primaria.
A realización deste estudo require da colaboración tanto de pais/nais/titores legais como dos profesores dos seus fillos/ as que deberán contestar un pequeno cuestionario sobre as condutas dos/ as nenos/ as.
Hoxe o seu fillo/a súa filla levará un consentimento informado, no que solicitamos o seu permiso para poder incluír ao seu fillo/a no estudo. Os datos que se recollerán son totalmente anónimos e analizaranse de forma agregada (análise dos datos en grupo, nunca de forma individual) só para os obxectivos desta investigación. A firma deste consentimento non lle compromete a nada e poderá deixar o estudo no momento que o desexe.
Os datos que se facilitan no consentimento van dirixidos exclusivamente ao profesor dos seus fillos/ as, para que eles saiban que nenos/ as considerar no estudo. Os datos do consentimento non se compartirán con terceiras persoas, nin tan sequera coas persoas da USC que realizarán o traballo.
Grazas pola vosa colaboración
Entrega de máscaras reutilizables
Enviado por Dirección do Centro o Dom, 20/12/2020 - 9:23am
Entre os días 21 e 22 de decembro farase entrega das máscaras ao alumnado beneficiario da axuda. Levan as máscaras e un documento de entrega que deberán devolver cuberto e asinado ao centro.
Cada alumno/a beneficiario/a da axuda leva 3 máscaras hixiénicas reutilizables de dobre capa, empregadas para minimizar o risco de propagación da COVID-19 entre as persoas. Cunha durabilidade de 80 lavados, son altamente resistentes, realizadas en tecido hidrófobo e antibacteriano. Fabricadas segundo a especificación UNE_0065 para uso do alumnado. (Norma Ministerio Sanidade España).
As 3 máscaras cobren a necesidade de uso para as 122 xornadas lectivas que se computan desde a resolución definitiva (1 de decembro) ata o final de curso (22 de xuño).
Resultado do Certame de debuxos e relatos de medo
Enviado por Dirección do Centro o Dom, 20/12/2020 - 8:52amEducación infantil
Modalidade grupal: Debuxo
Seleccionáronse todos, a cada aula agasallaráselle con un libros para a aula e a cada neno e nena daráselle un diploma de participación.
Educación primaria
· 1º de educación primaria_ Modalidade grupal
Seleccionáronse os tres presentados (un de cada aula), a cada aula agasallaráselle con un libros para a aula e a cada neno e nena daráselle un diploma de participación.
· 2º de primaria
Relato gañador: "O vampiro" de M.G.R. de 2ºB. Recibirá un libro de agasallo
Ademais seleccionouse tamén o traballo colectivo " A casa encantada dos vampiros" de 2ºC, que recibirán uns libros para a aula.
· 3º de primaria
Relato gañador: "Nun palacio cheo de sangue" de P.F.B de 3ºB. Recibirá un libro de agasallo
· 4º de primaria
"O ciclo zombie" relato grupal de 4º B. Recibirán uns libros para a aula
"O Samaín terrorífico" de S.M.G de 4º D. Recibirá un libro de agasallo
· 5º de primaria
"Os horrores" de N.P.F. de 5º A. Recibirá un libro de agasallo
· 6º de primaria
" A casa do xardineiro" de M.G.T de 6º C. Recibirá un libro de agasallo
Guía de lecturas do Nadal
Enviado por Dirección do Centro o Dom, 20/12/2020 - 7:26amXa podedes consultar aquí a gúia coas recomendacións de lectura realizada polo REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DOS CENTROS PÚBLICOS DE AMES
Resolución definitiva das axudas para máscaras
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 04/12/2020 - 11:11amNon habendo reclamacións ás listas provisionais, pasan a definitivas, sen modificacións.
En canto teñamos as máscaras no centro, recibirán un aviso para pasar a recollelas e asinar o documento de entrega.
Serán avisados por abalar móbil.
Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 16/11/2020 - 9:02amPrazo de presentación
14/11/2020 - 26/11/2020
O prazo para presentar as solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Presentación de solicitudes .
1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.
2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.
3. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:
a) No centro docente.
b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º. Certificado ou volante de convivencia.
2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2020/21.
2. A documentación complementaria presentarase presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código de procedemento e o órgano responsable, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.
b) DNI ou NIE da persoa representante do/a solicitante.
c) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións no exercicio 2018, da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, se é o caso.
Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
d) Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, se é o caso.
e) Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ou superior ao 33 %), da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, se é o caso.
En ambos os casos, a data de referencia é o 31 de decembro de 2018.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Os trámites posteriores ao inicio do procedemento deberán realizarse presencialmente no centro docente. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos para facilitar a realización dos ditos trámites que poderán ser empregados por elas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »