blogue deDirección do Centro
Devolución dos libros de texto de 3º e 4º do curso 2020/21
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 27/05/2021 - 1:00pmPara garantir o cumprimento do protocolo sanitario no centro establécense os días 23, 25 e 28 de xuño para a devolución dos libros de texto pertencentes ao fondo de libros para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2021/22.
O prazo máximo para devolvelos será o 28 de xuño 2021, non se admitirán devolucións despois dese día e marcarase na aplicación como non devoltos. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22.
O horario establecido polo centro para a devolución é o seguinte:
|
Mércores 23 de xuño |
Venres 25 de xuño |
Luns 28 de xuño |
Mañá |
De 9:00h a 13:30h |
De 9:00h a 13:30h |
De 9:00h a 13:30h |
Tarde |
De 16:30h a 18:30h. |
Non hai recollida |
De 16:30h a 18:30h. |
CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN
- Os libros deben ser devoltos en bo estado, forrados, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).
- O ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso
- A devolución faise só no espazo habilitado para devolución, sigan os carteis coas indicacións.
- Manteñan en todo momento a distancia de seguridade, garden fila e cumpran coas medidas de hixiene e desinfección.
- Si os representantes legais do alumnado así o desexan e o solicitan, recibirán posteriormente un documento de «recollida» dos libros de texto efectivamente devoltos, para iso deberán deixar un correo electrónico para que se lle poida enviar.
As familias que libremente queiran doar os libros de texto de 3º ou 4º, adquiridos con fondos propios, para incorporar ao fondo solidario de libros do centro, poderán facelo nas mesmas datas e coas mesmas condicións de devolución.
Charla informativa para nais, pais, familias
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 26/05/2021 - 1:15pm
Estimadas nais, pais, familias,
Queremos convidarvos a unha charla informativa sobre unha cuestión que cremos que é de interese para todas e todos nós: menores e redes sociais.
Existen innumerables investigacións que abalan a natureza multi- causal do fenómeno das adiccións sen substancias, a facilidade de acceso a diversas Apps, a ampla oferta de videoxogos, a publicidade intensa nos medios e espazos deportivos, as agresivas estratexias de márketing das apostas deportivas e de xogos en liña (principalmente dedicadas aos máis novos) contribuíron a un aumento no número de persoas con problemas de adicción ao xogo e a un cambio do perfís dos xogadores, especialmente en liña.
No CEIP A MAÍA, nos últimos cursos, realizamos obradoiros de prevención de adiccións, entre as que se inclúen as adicións ás redes sociais, vídeo xogos, etc., impartidos pola psicóloga Belén Montesa Lou e o seu equipo, todo en colaboración co Concello de Ames. Esta charla informativa dirixida aos adultos e impartida polos psicólogos Belén Montesa e Juan Carlos Permuy é o complemento perfecto para os obradoiros xa realizados co alumnado de 4º, 5º e 6º e para que teñades información e pautas de actuación de primeira man.
A charla será por video conferencia, a través da aplicación Cisco Webex, e non é necesario que a descarguedes, só tedes que copiar o seguinte enlace e pegalo na barra do voso navegador, para acceder á sala da reunión https://eduxunta.webex.com/meet/isabelabelleira
Gustaríanos que, a través do correo do centro, nos fagades chegar as vosas dúbidas e inquedanzas sobre a temática da charla, para nós poderllas trasladar aos psicólogos; así Belén e Juan Carlos intentarán darlle resposta durante a charla.
O correo ao que debedes facer chegar as vosas consultas é ceip.a.maia@edu.xunta.gal. O prazo para envío de correos é até o luns 7 de xuño de 2021.
Por favor, debedes poñer no asunto do correo "Charla menores".
Novo comedor
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 24/05/2021 - 4:25pm
O novo comedor do CEIP da Maía comezará a funcionar no mes de xullo coincidido co inicio da Escola de Verán.
O pasado venres, 21 de maio, realizouse unha visita de obra ao novo comedor do CEIP da Maía na que participaron o alcalde de Ames, o concelleiro de Educación, a directora do CEIP A MAÍA, e outros membros da corporación municipal, así como a presidenta da ANPA, a aparelladora municipal e representantes da empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones, SA, adxudicataria do proxecto.
O novo comedor do CEIP da Maía comezará a funcionar coincidindo co inicio da Escola de Verán 2021 o día 1 de xullo e, en consecuencia, no curso escolar 2021/22. O edificio destaca pola súa luminosidade e colorido exterior. Trátase dun edificio plenamente integrado na área exterior do centro escolar que se atopa onde estaba o antigo comedor deste colexio. O novo comedor dispón dunha capacidade de 230 prazas, acadando as 460 prazas en dúas quendas.
AXUDAS PARA LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2021/2022
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 21/05/2021 - 10:57amPublicouse no DOG do xoves 20 de maio de 2021 a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º, 4º de Primaria e as axudas para material escolar do alumnado de toda primaria.
·
NORMATIVA REGULADORA
OBXECTO DA AXUDA E DESTINATARIOS
1.
Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º de EP.
2.
Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específicas de apoio educativo –NEAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude.
3.
Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP.
O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2021/22 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.
AVISO IMPORTANTE: O alumnado de 6º de primaria que o vindeiro curso (2021/22) pase para o IES deberá facer a solicitude no propio IES no que foron admitidos.
PRESENTACIÓN
As solicitudes presentaranse preferentemente via telematica a través da aplicación Fondolibros. Tamén poden descargar a solicitude premendo aqui e presentalas presencialmente.
Si se presenta presencialmente, por protocolo COVID ten que ser en horario reducido de 09:30 a 11:00 e de 12:50 a 13:30. Tamén poderán presentala os luns pola tarde en horario de 16:30 a 18:30.
Previamente deben chamar ao teléfono 881866001 para concertar cita.
1. Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.1. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con que conviva en acollemento familiar.
2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2021/22. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.
Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2021/22, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2020/21. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.
En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito indicando en cal desexa que se tramite.
3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. O formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:
a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal.
b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.
c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Así mesmo, a aplicación informática permitiralles aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.
5. A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.
O plazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ata o 22 de xuño ambos incluídos.
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º. Certificado ou volante de convivencia.
2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Nos casos especiais en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
2. No caso de presentación de documentación complementaria, cómpre distinguir:
a) Documentación complementaria da solicitude (anexo I). Esta documentación complementaria presentarase presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
b) Presentación, mediante o PR004A, do anexo V, anexo VI, anexo VII ou dos talóns de cargo. Esta documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación daquela en que fose realizada a emenda.
c) Nos casos indicados nas letras a) e b), as persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2019, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
RESOLUCIÓN DEFINiTIVA ADMISIÓN
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 21/05/2021 - 7:59amTodas as solicitudes presentadas en prazo, resultaron definitivamente admitidas.
As solicitudes presentadas fóra de prazo terán que esperar á resolución da comisión de escolarización.
O prazo de formalización de matrícula ábrese do 20 ao 30 de xuño.
Festivos en Maio
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 03/05/2021 - 8:46amDurante este mes de maio teremos os seguintes festivos, non lectivos:
- Xoves 13: festivo local
- Venres 14 de maio: non lectivo solicitado polo centro.
- Luns 17 de maio: Día das Letras Galegas.
LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021/22
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 16/04/2021 - 8:15amTodas as solicitudes presentadas en prazo, resultaron admitidas.
As solicitudes presentadas fóra de prazo terán que esperar á resolución da comisión de escolarización.
Programa de prevención de condutas aditivas
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 14/04/2021 - 9:47amEstimadas nais, pais, familias
Durante a vindeira semana levaremos a cabo co alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria, un ciclo de charlas que forman parte do programa de prevención de adiccións. Hai xa varios anos que o Concello de Ames desenvolve este Programa de prevención de condutas aditivas no ámbito escolar. Os obradoiros adoitaban realizarse no primeiro trimestre do curso pero este ano, por mor da situación de pandemia, adiáronse até o terceiro trimestre.
As charlas serán impartidas en cada grupo pola psicóloga Belén Montesa e membros do seu equipo. En todo momento, para garantir a seguridade de nenas e nenos, manteranse os grupos estables e o persoal que intervirá con eles adoptarán todas as medidas de hixiene e distancia establecidas no protocolo sanitario.
A metodoloxía do programa de prevención de condutas aditivas no ámbito escolar é totalmente participativa. A través de técnicas de traballo grupal como dramatizacións, enquisas, análise da publicidade ou debates, os alumnos e alumnas participan na construción dos contidos. Tamén se fan actividades individuais e actividades na casa para poder compartilas cos pais/nais/titores e que, ao mesmo tempo permitan achegar o tema dende o centro educativo á casa e viceversa.
O programa está encamiñado a proporcionar ao alumnado a adquisición de capacidades e habilidades que lles permitan desenvolver estilos de vida saudables e afrontar adecuadamente as posibles situacións de perigo relacionadas, ou non, coas posibles adicións que poidan ir aparecendo o longo do da súa evolución. Tamén se traballa para aumentar as capacidades e habilidades persoais de resistencia a oferta de sustancias e se promove o desenvolvemento de recursos propios que faciliten actitudes e condutas de rexeitamento ao consumo.
O programa incorpora tamén un enfoque de xénero e contidos relacionados con outras condutas de risco como o abuso ou uso indebido das novas tecnoloxías.
Enquisa de diagnose de convivencia
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 12/04/2021 - 7:56amDe acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.
Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025. Neste contexto, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia de carácter censal e que terá unha periodicidade bianual.
A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar. No senso de seguir avanzando, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pomos en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.
Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (directores e directoras, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.
A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos do esforzo e da implicación dos distintos colectivos e da súa imprescindible colaboración e involucración no proceso de realización. En definitiva, búscase favorecer o seu desenvolvemento e a súa difusión entre todos os membros dos colectivos participantes co fin de garantir uns óptimos resultados.
A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.
Destinatarios:
· Alumnado de 5º e 6º de primaria. Todo o alumnado do centro que curse 5º e 6º de Educación Primaria, deberá ter acceso aos ordenadores Edixgal ou, se o preferides, á aula de informática para cubrir os cuestionarios. Acceso desde https://www.edu.xunta.gal/convobrig
· Profesorado do centro. Acceso desde https://www.edu.xunta.gal/convdoce
· Persoal de Administración e Servizos. Acceso desde https://www.edu.xunta.gal/convpas
· Familias. Acceso desde https://www.edu.xunta.gal/convfamil
Prazo: A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos).
Claves de acceso:
A cada alumno/a, persoal docente e non docente e familias de alumnado, proporcionaráselle unha clave de acceso con indicacións precisas sobre como actuar para cumplimentar o cuestionario. O luns 12 proporcionaranse as claves de acceso.
App PassCOVID.gal
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 25/03/2021 - 11:11amPassCOVID.gal é unha App da Xunta de Galicia para axudar a coidarnos da COVID-19
Permite consultar as restricións, recomendacións e novidades; recibir avisos se estiveches nun establecemento de risco por concentración de contaxios. etamén, se fuches diagnosticado/a da COVID-19, permite que poidas comunicar os teus contactos estreitos, os lugares onde estiveches e consulta o teu código de Radar COVID.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »