blogue deDirección do Centro
App PassCOVID.gal
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 25/03/2021 - 11:11amPassCOVID.gal é unha App da Xunta de Galicia para axudar a coidarnos da COVID-19
Permite consultar as restricións, recomendacións e novidades; recibir avisos se estiveches nun establecemento de risco por concentración de contaxios. etamén, se fuches diagnosticado/a da COVID-19, permite que poidas comunicar os teus contactos estreitos, os lugares onde estiveches e consulta o teu código de Radar COVID.
Promoción da saúde infantil
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 25/03/2021 - 9:05amA Consellería de Sanidade presenta o portal web “Xanela aberta á familia” e a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”.
“Xanela aberta á familia” é unha iniciativa para a promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e familias. O seu desenvolvemento está enmarcado dentro do proxecto Riscar, no cal colaboran as administracións competentes de Portugal, Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucía. Inclúe información sobre a alimentación saudable, a actividade física, a saúde e o benestar emocional. A información deste portal organízase ao redor de cada unha das etapas da crianza, desde o embarazo ata a adolescencia e caracterízase por incluír ademáis dos aspectos estritamente informativos, consellos, pautas de actuación e suxestións.
Nesta web, dentro do apartado de alimentación saudable pódese consultar a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”. Esta guía achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos. As recomendacións foron moduladas segundo os condicionantes do feito alimentario, en forma de connotacións sociais, culturais e fisiolóxicas. Consta de distintas seccións nas que ofrece información sobre a composición nutricional dos alimentos, a súa conservación e as distintas elaboracións. Inclúe tamén consellos para facer unha compra saudable e distintas receitas para todas as comidas do día co fin de facilitar a tarefa cotiá de elixir, mercar e preparar alimentos
Para máis información:
-
Portal web de “Xanela aberta á familia”: https://vida-saudable.sergas.gal/
-
Guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”: ligazón
-
Inscripción no sistema de avisos da “Xanela aberta á familia”: ligazón
Vacacións de Semana Santa
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 25/03/2021 - 8:44amTal e como establece o calendario escolar, as vacacións de Semana Santa abranguerán do 29 de marzo ao 5 de abril, ambos incluídos.
As sesións lectivas reanudaranse o martes 6 de abril de 2021.
Regulación do dereito do alumnado á obxectividade na avaliación
Enviado por Dirección do Centro o Mar, 16/03/2021 - 11:07amFESTIVOS E NON LECTIVOS
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 04/03/2021 - 11:27amAnte as numerosas consultas que estamos a recibir, aclaramos que o día 19 de marzo de 2021 non é lectivo por ser festivo autonómico.
Poden consultar aquí a normativa
Ademais pode consultar o calendario escolar previsto para este curso 20/21 nesta entrada de agosto do 2020 na web.
ABERTO O PLAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/22
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 01/03/2021 - 9:04amAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DO 1 AO 22 DE MARZO
ATENCIÓN PREVIA CITA NO 881866001
HORARIO DE ATENCIÓN EN SECRETARÍA DE 9:30 h. A 13:00h
IMPRESO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE
-
DNI dos pais, do alumno/a e dos membros computables da unidade familiar, ou Libro de familia onde figuren todo os membros da unidade familiar.
-
Folla de empadroamento de toda a unidade familiar.
-
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.
-
Carnet ou documento que acredite a condición de familia numerosa e/ou monoparental se procede.
-
Xustificante de concurrencia de minusvalía do alumno/a a matricular, pais/nais, titores/as legais ou irmáns, se é o caso.
*De toda a documentación relacionada (salvo a folla de empadroamento), deberán traer as fotocopias feitas xunto cos documentos orixinais para poder proceder ao cotexo dos mesmos.
COÑECE O NOSO CENTRO
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 26/02/2021 - 4:15pmAnte a imposibilidade de organizar visitas presenciais polo centro, deixámosvos aquí un pequeno vídeo que sintetiza o traballo que día a día fan os mestres e mestras de educación infantil nas aulas co noso alumnado.
INFORMACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 26/02/2021 - 2:42pmInformación sobre o proceso de admisión para o vinseiro curso 2021/22
PREVISIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2021/22
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 26/02/2021 - 12:47pmPREINSCRICIÓN E RENOVACIÓN DOS SERVIZOS DE COMEDOR E DE BOS DÍAS COLE! E TARDES DIVERTIDAS
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 26/02/2021 - 11:14am
Servizos dependentes do Concello de Ames
Información importante para a preinscrición ou renovación dos servizos de comedor escolar, Bos días cole! e Tardes divertidas para o curso 2021/22
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »