blogue deA Maía
"Música, baile e instrumentos na tradición galega" no Auditorio e visita ó Mupega
Enviado por A Maía o Sáb, 23/01/2016 - 4:53pmO venres os alumnos de 5º de primaria fixeron unha saída a Santiago para visitar o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) e o Auditorio. Neste escrito a alumna Natalia Paz de 5ºC, cóntanos como lles foi.
No Auditorio asistiron a un concerto de "Música, baile e instrumentos na tradición galega" a cargo de Pablo Carpintero que fixo o deseño do concerto, a presentación, gaitas e outros instrumentos, das pandereteiras "Ars Antiqua" (Sonia Albor, Montse García-Santamarina, Rosa Sánchez, Raquel de la Fuente e Fátima Ruzo) e o grupo de baile do centro Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras dirixido por Luís Prego.
Aquí están os alumnos de 5º no MUPEGA
A paz, a tolerancia e a convivencia
Enviado por A Maía o Mar, 19/01/2016 - 11:15pmPremendo neste Symbaloo ao que tamén podedes entrar desde o blog da biblioteca, atoparedes cancións, cortos de animación, contos e historias sobre a paz, a tolerancia, o respeto e a convivencia para pensar e traballar na clase e na casa. Outras linguaxes...
A psicomotricidade educativa preventiva no Concello de Ames
Enviado por A Maía o Mar, 12/01/2016 - 10:34pmQueremos recomendarvos este artigo que Milagros Lorenzo Méndez, responsable do programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva no Concello de Ames publicou na revista PyM, Padres y Maestros. Itos leva moitos anos levando adiante as actividades de psicomotricidade nos centros de Ames, entre eles o noso e xa son moitos os alumnos que pasaron polas súas máns.
Premer AQUÍ para ler o artigo.
(a sala de Psicomotricidade está no Edificio de Infantil)
Da mesma revista tamén vos poño aquí este outro artigo de Bernard Aucouturier , o pedagogo francés creador da práctica psicomotriz, que nos fala aquí dos límites na educación dos nenos.
Teatro en inglés
Enviado por A Maía o Sáb, 09/01/2016 - 11:39amOs alumnos e alumnas do Ceip A Maía asistiron uns días antes do Nadal a dúas sesións de teatro e cancións en inglés organizadas polo departamento de Inglés na Casa da Cultura en Bertamiráns. Para os de 1º e 2º foi "The prince frog" e para os de 3º a 6º foi "Treasure island". A representación correu a cargo da Compañía "Face2face". Como podedes ver no video foi unha sesión moi participativa na que os rapaces cantaron e bailaron.
Nadal en infantil: Chocolatada de festa e títeres e cancións con Luis Vallecillo.
Enviado por A Maía o Mar, 29/12/2015 - 3:20amEntre outras actividades para rematar o mes de Nadal e dar comezo as vacacións, os alumnos e alumnas de 3, 4 e 5 anos de infantil do Ceip A Maía asistiron a unha sesión de títeres, contos e cancións polo artista e contacontos Luis Vallecillo. Pasámolo moi ben!
Os pequenos tamén celebraron o inicio das vacacións cunha chocolatada con churros e festas nas aulas. Podedes ver algunhas das cousas que fixeron entrando nos blogues de infantil:
http://infantilamaia3.blogspot.com.es/2015/12/o-nadal.html
http://infantilamaia9.blogspot.com.es/2015/12/festa-do-nadal.html
5º e 6º coa Tropa Trapalleira
Enviado por A Maía o Dom, 20/12/2015 - 7:33pmOs alumnos de 5º e de 6º fomos a Santiago ao teatro a ver a a tropa Trapalleira da compañía Bocaberta. A Tropa Trapalleira (Rosiña, Laranxiño e Mariña) presentounos "Pequena trapallada e algunha que outra batalla", un espectáculo cheo de color no que a través dos gags físicos e do humor nos fan reflexionar sobre o absurdo da guerra e a necesidade de empregar a tolerancia. Ademáis aproveitamos a viaxe para facer un pouquiño de turismo pola zona vella, percorrendo as súas rúas e visitando a Praza de Abastos (vendo os peixes, os postos de carne, de queixos e de froitas).
Despois tomamos un descanso na praza de mazarelos e por último entramos na Catedral pola porta santa e fixemos un percorrido por ela, con abrazo ao Apóstolo e visita á súa tumba. Tamén observámolo órgano e as diversas capelas que rodean a Catedral. Foi unha viaxe estupenda!
Papá e mamá axúdannos a felicitar o Nadal!
Enviado por A Maía o Dom, 20/12/2015 - 5:24pmOs alumnos e alumnas de 2º realizaron estas bolas de nadal na casa con papá e mamá a partir dunha plantilla común. Empregaron materiais moi diversos (tanto naturais como artificiais) e deron boa mostra da súa creatividade. Despois decoraron con elas o corredor do piso de abaixo do colexio.
Algúns dos autores diante das súas creacións.
Nas clases tamén fixeron estas postais para felicitar o nadal as súas familias.
Bo Nadal desde a Biblioteca!
Enviado por A Maía o Dom, 20/12/2015 - 2:23amDesde a Biblioteca desexámosvos Bo Nadal:
O Belén polos alumnos de relixión
Enviado por A Maía o Sáb, 19/12/2015 - 11:54pm Os alumnos e alumnas de relixión realizaron estos traballos sobre o BELÉN. Despois fixeron unha exposición coordinada pola profesora de relixión católica. No corrredor do piso de arriba expuxeron tamén BELÉNS realizados empregando diversos materias tanto naturais coma artificiais. En estos tres videos podedes ver os traballos dos alumnos de primaria.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- seguinte ›
- última »