blogue deA Maía
Baile de disfraces no Antroido da Maía
Enviado por A Maía o Dom, 14/02/2016 - 8:51pmTanto os profes coma os alumnos o pasamos moi ben durante o baile do disfraces co que rematamos esta semana de Antroido no Ceip A Maía!
Baile de disfraces dos alumnos de infantil
Enviado por A Maía o Sáb, 13/02/2016 - 10:33pmOs 225 pequenos de infantil viñeron disfrazados de princesas, superherois, patrulla canina, monstros e todo canto se lles ocurreu nunha mañán moi divertida na que tamén degustaron as filloas, orellas e rosquillas propias do Antroido. Despois baixaron ao edificio de primaria e tras duns primeiros minutos de impresión dos máis pequeniños de 3 anos, case todos se foron soltando e bailaron cos seus compañeiros ao ritmo da música seleccionada polo equipo de extraescolares que lles puxo o profe Jorge.
Moitas grazas os papás e mamás por colaborar cos disfraces e coas larpeiradas das que os pequenos deron boa conta nas festas de antroido que celebraron nas aulas.
O Antroido en 3º
Enviado por A Maía o Ven, 05/02/2016 - 8:26pmCARTELÓN DO ANTROIDO DOS RAPACES DE 3ºOs alumnos e as alumnas da clase de Carmela fixeron as súas máscaras do Antroido relacionadas co Sistema Solar.
E os das clases de Mariluz e María José fixeron estas outras co mesmo tema:
E así se disfrazaron os da clase de 3ºC
Máscaras de 2º
Enviado por A Maía o Xov, 04/02/2016 - 8:29pmOs alumnos e alumnas de 2º da clase de Manoli fixeron estes antifaces con recortes de revistas.
E os alumnos da clase de Natalia decoraron a clase e a porta con estas outras nas que tamén empregaron plumas, lazos, purpurina e papeis metalizados...
Bos días cole
Enviado por A Maía o Lun, 01/02/2016 - 9:54pmA paz comeza cun sorriso!
Esta frase de Teresa de Calcuta apareceu escrita nas ventás do comedor o día da paz a carón dun gran símbolo feito con mandalas decorados polos alumnos que acuden aos servicios complementarios de Bos días cole. Podedes ver unha foto desde dentro e desde fora e tamén un gran mural sobre os dereitos dos nenos que decora o comedor.
Podedes seguir máis actividades dos rapaces de "bos días cole" desde o bloque de sevicios complementarios xa que premendo na pestana nova tedes acceso o blogue de ÓRBITA INFANTIL.
DÍA DA PAZ
Enviado por A Maía o Ven, 29/01/2016 - 10:27pmHoxe celebramos o Día da Paz. Os alumnos e alumnas de infantil e primaria elaboraron ó longo da semana as pancartas que hoxe compartimos, leron os lemas traballados por niveis e remataron todos xuntos cantando a Cantarela dos nenos de Neira Vilas. Deixemos que os videos coas fotos dos traballos falen por eles....
As pancartas:
Un anaco da canción:
A xuntanza de todos os alumnos:
Ademáis no blog de primaria podedes ver outro video da xornada premendo AQUÍ
Os mandadiños do Meco para Infantil
Enviado por A Maía o Ven, 29/01/2016 - 9:22pmEstos son os mandadiños do Meco para os nenos de infantil ó longo da semana:
Luns empeza con algo na cabeza. Quedarás coa nosa mirada se o martes traes a cara pintada. Para o noso gozo o mércores traerás algo no pescozo. E o xoves vístete do revés e trae algo nos pés. |
blogs de infantil
Enviado por A Maía o Sáb, 23/01/2016 - 8:54pm"Música, baile e instrumentos na tradición galega" no Auditorio e visita ó Mupega
Enviado por A Maía o Sáb, 23/01/2016 - 4:55pmO venres os alumnos de 5º de primaria fixeron unha saída a Santiago para visitar o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) e o Auditorio. Neste escrito a alumna Natalia Paz de 5ºC, cóntanos como lles foi.
No Auditorio asistiron a un concerto de "Música, baile e instrumentos na tradición galega" a cargo de Pablo Carpintero que fixo o deseño do concerto, a presentación, gaitas e outros instrumentos, das pandereteiras "Ars Antiqua" (Sonia Albor, Montse García-Santamarina, Rosa Sánchez, Raquel de la Fuente e Fátima Ruzo) e o grupo de baile do centro Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras dirixido por Luís Prego.
Aquí están os alumnos de 5º no MUPEGA
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- …
- seguinte ›
- última »