blogue deA Maía

O menú de Don Quixote por 5ºB

    Con motivo do 400 aniversario da morte de Miguel de Cervantes os alumnos e alumnas  de 5ºB  construiron este muiño de vento. Nel  puxeron os personaxes máis importantes do Quixote e un traballo de investigación no que explican o que comían e como se preparaban algúns dos platos que se  mencionan no libro: duelos e quebrantos, coello, fabas...

        Está exposto na Biblioteca.

Canta o cuco: Os poemas de Manuel María con Uxía, Magín Blanco e Inacio Vilariño para 2º e 3º

 

   Os alumnos e alumnas de 2º e 3º de primaria asistiron na Casa da cultura de Bertamiráns a unha audición musical con Uxía, Magín Blanco e Inacio Vilariño. A obra era CANTA O CUCO, unha representación dos poemas musicados de Manuel María o autor a quen e lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Ademáis Inacio encargábase da escenografía, cambiando o escenario a cada momento. Os poemas están editados por Galaxia no libro-CD Canta o cuco na casa de Manuel María e conta coas fermosas ilustracións de Leandro Lamas.

    Os rapaces pasárono moi ben!

 Nesta montaxe están as fotos da saída

e algunhas das cancións de UXÍA E MAGÍN

Convocatoria para participación no fondo solidario de libros e nas axudas para adquisición de libros e material escolar

Estimadas/os nais, pais, titores legais:

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado e regula a participación no fondo solidario de libros de texto.

  Fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, e en 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria.

  Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria, en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.

  Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

    Segundo a convocatoria, o alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2016/17 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Porén, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos nesta orde. Tede en conta que este centro está incluído no proxecto E-DIXGAL.

LER  TODA   A  INFORMACIÓN  PREMENDO  AQUÍ +

  Bertamiráns, 24 de maio de 2016

 A Directora

 Mª Isabel Abelleira Bardanca

2º A recita poemas relacionados con Cervantes

  OS ALUMNOS E ALUMNAS DE  2º A NO SEU RECITADO DE POEMAS SOBRE CERVANTES. Recitaron na Biblioteca do centro. Algúns viñan xa disfrazados da casa e outros vestíronse no colexio entre nervios e emoción. A profesora destes alumnos, Manoli, agradece a colaboración e implicación dos pais e nais que, con moita imaxinación, caracterizáronnos estupendamente. No escenario disfrutamos dun espectáculo cheo de sensibilidade, emotividade e non faltou a música en directo. Cecilia  co seu violín e Aida e Marta cantando acompañadas das súas guitarra. Foi unha experiencia moi gratificante para todos.

  Neste video realizado polo profesor Paco Fontarigo temos unha montaxe das dúas  sesións que fixeron os rapaces.

 UNHA MONTAXE EN VIDEO COAS FOTOS DOS RAPACES E RAPAZAS

E PREMENDO NESTE ISSUU ESTÁN OS POEMAS QUE PREPARARON PARA RECITAR

"Os soños na gaiola" de Manuel María

  Esta semana todo o centro estivo implicado nunha proposta do Equipo de Normalización linguística para achegarnos á obra do poeta da Terra Chá, Manuel María, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. A proposta consistía en que as aulas dos maiores escribían os  poemas nunhas lonetas que os máis pequenos tiñan que decorar.

  Así coñecemos os poemas do carro, o tractor, o caracol, o sol, o foguete, o cuco, a lebre, o ourizo e a bolboreta... que están todos no seu libro "Os soños na gaiola".

 

Alumnos de 2º sementando poemas

  O alumnado dos coles de Ames celebra as Letras Galegas sementando poemas de Manuel María polo Concello de Ames. Uns deles foron os alumnos de 2º que se achegaron ao Instituto para facer a primeira sementeira. Xa sabedes que se atopades os poemas tedes que seguir as instrucións: disfrutalos, sacarlles unha foto e enviala a este enderezo: sementandopoemas@concellodeames.gal indicando onde se fixo a foto.

 

Gañadoras no concurso de chapas de Normalización

  Andrea e Lucía foron as alumnas gañadoras no concurso convocado polo equipo de Normalización  Lingüística para crear a chapa do Día das Letras Galegas.

O lema gañador foi:

"EN GALEGO. COMO CHE SOA?"

 

Debuxo: Andrea Pequeno Mirás de 1º B
Lema: Lucía Rodríguez Lema de 6º B

BIBLIOPATIO

   No colexio inauguramos un novo espazo  lector e lúdico: o BIBLIOPATIO, que será utilizado polos rapaces no recreo, na hora de ler e nas ocasións que o precisen. Delimitado con alfombra, cintas, plantas, é un espazo recollido que esperamos sexa unha nova zona de disfrute lector. Ten de fondo a obra gráfica que fixeron os alumnos de 6º o curso pasado no taller de arte urbano.

2º A prepara un recitado de poemas relacionados con Cervantes

  Os alumnos e alumnas de 2º A de primaria están preparando un recitado de poemas relacionados coa obra "Don Quijote",  xa que este ano se conmemora o IV centenario da morte de Miguel de Cervantes. Farán dous pases o mércores día 11 na Biblioteca:  No primeiro terán como público o alumnado de 5º curso e no segundo o de 4º.

Neste ISSUU están as fotos dos traballos que os rapaces prepararon sobre os poemas que van a recitar. Premede na imaxe para velos.

 Un par de momentos dos ensaios:

Lendo o Quixote escrito nas escaleiras da Maía.

Unha montaxe coas fotos dos rapaces cando o venres atoparon as primeiras frases do Quixote escrito en todos os tramos das escaleiras do colexio. (premer na imaxe de abaixo)

Distribuir contido