Desde o Ceip A Maía o noso sentido adeus ao grande Agustín Fernández Paz. Fai moitos anos que prestou desinteresadamente o seu nome para a nosa Biblioteca escolar e sempre nos sentimos agradecidos e orgullosos de levalo e seguirá sendo así. Continuaremos incansablemente espallando a lectura baixo o noso/teu lema “Onde hai unha biblioteca, hai unha luz que traspasa todos os muros. Coma un faro, expande ao seu redor ondas de imaxinación e liberdade”(Agustín Fernández Paz)
Este curso que remata despedimos a varias compañeiras que nos acompañaron, algunhas só este último ano e outras como Maca durante máis de 12 anos. Desde os seus postos no departamento de inglés (Gloria e Maca), nas clases de primaria (Hilda e Natalia) e o Departamento de Orientación (Carolinacomo orientadora e Anaen audición e linguaxe), todas elas contribuiron co seu esforzo e dedicación na boa marcha do colexio, participando ademáis nos Equipos de Dinamización do Galego, de Dinamización da Biblioteca e de Actividades Complementarias... Tamén despedimos a Andreaque veu como reforzo e foi un punto de apoio moi importante para educación infantil, a Xuliae Sandra(membros do equipo de Orientación), e a Vanesa(profesora de relixión)itinerantes e compartidas con outros centros.
A todas elas lles agradecemos o seu traballo e dedicación e lles desexamos boa sorte nos seus novos destinos!
Nunha entrada anterior comentamos que os alumnos e alumnas de 4ºB e 4ºC estiveran facendo uns TÍTERES DE ESPUMA, empregando múltiples accesorios e grandes dosis de imaxinación. E, para que vexades con detalle o seu traballo aquí vos mostran cada un a súa creación. Parabéns rapaces!
Os alumnos e alumnas de 5º visitaron a ÁREA ARQUEOLÓXICA DO COMPLEXO DE CAMPOLAMEIRO, que conta coa reconstrución dun poboado da Idade de Bronce feito cos materiais orixinais da época e onde percorreron o parque para ver uns dos PETROGLIFOSmellor conservados de Europa no seu emplazamento orixinal. Despois participaron nun taller de cerámica para traballar co barro e facer as típicas pezas da época castrexa. Para saber máis de Campolameiro premer AQUÍ.
Máis tarde visitaron O PARQUE DA NATUREZA DO RIO BAROSA, un espazo natural do norte do concello de Barro, na provincia de Pontevedra, que conta con 12 muiños (varios deles rehabilitados) con varias fervenzas nun desnivel de máis de 60 metros. O rio Barosa acaba rematando no rio Umia. Para saber máis deste espazo natural premer AQUÍ.
Revista escolar en formato dixital elaborada cos traballos, visitas, exposicións e saídas dos alumnos e alumnas realizados ao longo deste curso. Os números anteriores están nunha pestana na banda laterial dereita.
No Ceip A Maía fixemos, para despedir o curso, unha exposición que recolle a Memoria Fotográfica deste ano, coas actividades en común para todo o centro. E tamén está a maqueta que construiron os alumnos de 4ºA dentro do seu proxecto "pés na rúa". As fotografías están colocadas nas pistas na entrada do colexio e a maqueta está no interior. Queremos agradecer á nosa compañeira Ana Bolaño o seu traballo para montar esta exposición (seleción, maquetado, plastificado...) e aos rapaces de 4ºA por facer esa maqueta, a escala!, que tan ben mostra as nosas instalacións.
Este venres os rapaces de 4ºA remataron o seu traballo de investigación dentro do proxecto "pés na rúa" cunha saída en bici polo contorno. 11 km de aventuras.
Para saber como lles foi entrade no seu blog, premendo no icono á dereita, ou LER MÁIS AQUÍ +
Os alumnos de 5ºC de Infantil coa profe Rosana e o apoio da profe Andrea fixeron no escenario da Biblioteca unha representación do conto: a qué sabe a lúa?. Subidos no escenario deron vida aos animais que queren trepar ata ela para comprobar o seu sabor...
Por fin e despois de varios erros técnicos conseguimos gravar a obra. Podedes ver como foi, na web da biblioteca, premendo AQUÍ.
E ademáis os pequenos de alternativas de 4ºA fixeron coa profe Loli un corto de animación en Stop Motion. LER MÁIS +
Durante a hora de ler, os alumnos de 3ºC fixeron de padriños e madriñas de lectura para os pequenos de infantil. No blog da Biblioteca tedes unha entrada con video sobre esta actividade tan interesente e coa que disfrutaron moito maiores e pequenos. LER MÁIS +