Saltar navegación.
Inicio

blogue deA Maía

visitando a depuradora e o rio sar

os alumnos de 6º visitaon o entorno do rio Sar ao seu paso polo concello de Ames e as instalacións da estación depuradora.

UNDER THE SEA

O departamento de inglés trouxo para os alumnos de infantil o espectáculo  UNDER THE SEA da compañia Face to Face realizado por nativos de inglés. En esta actuación era unha  serea (mermaid) que  vivía no fondo do mar e que lles cantou entre outras as cancións de "Head, shoulders, knees and toes", "under the sea"... onde ían aparecendo distintos animais acuáticos: lobsters, crabs, sharks, starfish.... algúns dos cales levamos preparados como marionetas de pao. Podedes ver máis premendo AQUÍ.

Un mar de persoeiros nas Letras Galegas

   O Equipo de Normalización propuxo a todo o colexio facer  un barco de papel en cada clase e poñer nel  o nome dun dos escritores ou escritoras homenaxeados en edicións anteriores. Despois seleccionamos un poema ou unha frase do autor, e escribímolo nos paneis das entradas tanto en infantil como en primaria...

   E  así , o mar  rematou cheo de barcos nos que navegaban AS NOSAS LETRAS.

  

   Rosalía de Castro foi a primeira homenaxeada no ano 1963

  En 1965 o elixido foi Eduardo Pondal, autor da letra do himno galego.

 

amadriñamentos lectores

 

As alumnas e os alumnos de 4º de primaria do Ceip A Maía  coordinados pola profe Ana do Equipo de Actividades Extraescolares, durante a hora de ler, fixeron  de madriñas e padriños lectores para os pequenos de infantil. Unha actividade na que tanto os lectores como os oíntes disfrutaron moito.

GUIA DE LECTURA DE VERÁN

 

REVISTAS CEIP A MAÍA

 
 
 
 
Distribuir contido