Biblioteca

EXPOSICIÓN ANIMAIS AUTÓCTONOS

Mirade algunha fotiño da exposición final do proxecto de animais autóctonos!!


FIN DO CLUBE DE LECTURA

Hoxe tivemos a festa final do clube de lectura. Tivemos a sorte de contar con María Lado que nos contou moitos segredos sobre o proceso de creación do libro e que respondeu as nosas dúbidas sobre o libro.

Merendamos xuntas tal e como quedaramos no inicio do clube e foi un día moi agradable e divertido para todas!!

Grazas María por vir a merendar con nós. Foi un placer escoitarte.

Para o curso que vén imos a tope co clube de lectura!

 

Actividade do programa ConvíveT

 

RESULTADOS RASTREXO

Despois dunha longa espera aquí están os resultados do rastrexo literario. Sabemos que pasou tempo, pero o bo faise esperar e é moi bo aprender a cultivar a paciencia.

Sen bromas, estivemos ocupadas no cole en outras tarefas burocráticas urxentes e non atopamos momento para pasar a limpo os datos para publicar, aínda que ao alumnado de primaria xa llo dixeramos no cole.

Houbo un empate entre os dous equipos de sexto e terá que levarse a cabo un desempate que se fará a última semana de curso. Consistirá nunha rolda de pasapalabra con contido literario. O equipo que máis respostas correctas dea será o gañador!! O premio xa será dado ao alumnado no propio centro ese mesmo día.

Ao equipo gañador de Infantil xa se lle dará o premio na clase.

Moitas grazas ao alumnado e familias por participar e, o curso que vén repetiremos, ídevos poñendo ao día en contidos literarios: LEDE MOITO!!

Actividade da modalidade ConvíveT

CLUBE DE LECTURA

Este mes de abril púxose en marcha o noso clube de lectura.

Comezamos co libro Caramomia. Estas primeiras xuntanzas foron estupendas e xa temos plans para o broche final da actividade. Iremos informando!!

2 de abril

O 2 de abril tivemos unha xornada de concienciación sobre o autismo na nosa biblio a cargo de persoas da asociación Superheroes do morrazo.

Actividade da modalidade InclúeT

Distribuir contido

Back to top