Biblioteca
OBRADOIRO DE IGUALDADE
No mes de marzo e co motivo da celebración do 8M, Día da Muller, desenvolvéronse varios obradoiros en torno á temática da Igualdade!
Aquí deixamos algunhas fotos dos mesmos.
OBRADOIRO DE TEATRO PARA FAMILIAS
Durante varios días deste 2º trimestre levóuse a cabo na biblioteca un Obradoiro de Teatro para familias impartido por Iria, unha nai do noso cole, e no que desfrutaron con diferentes técnicas teatrais!
INVESTIGANDO A MAR
Para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia, Tania, nai de dúas crianzas do cole, veu explicarnos algunhas cousiñas do seu traballo como investigadora na ECIMAT (Estación de Ciencias Mariñas de Toralla). Tróuxonos utensilios que utilizan para coller auga, para recoller fauna e flora mariña e para medir os peixes. Tamén fixemos algún experimento con algas e unha actividade de análisis de obxectos recollidos na area da praia.
Unha actividade interesantísima coa que desfrutaron todas as aulas do cole!
OBRADOIRO ORIGAMI
Neste 2º trimestre desfrutamos duns obradoiros de origami a cargo do alumnado de 5º e 6º de primaria co obxectivo de dinamizar a biblioteca na hora do recreo.
As 7 Herbas de San Xoán
Estamos levando a cabo un obradoiro para aprender sobre as 7 herbas de San Xoán.
Aprendemos cales son esas 7 herbas, a identificalas e algunhas das súas caraterísticas e usos. Tamén observamos outras herbas que tamén se poden empregar para facer o cacho nesa noite tan máxica do ano e que, ademais podemos atopar na nosa contorna.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »