Biblioteca
Día do Medio Ambiente: Códigos QR nas nosas árbores
Xa podedes obter a información recollida polo alumnado sobre a flora da nosa escola. Unicamente tedes que ler cun dispositivo móvil o código QR que se atopa en cada unha das árbores, arbustos e plantas que temos nos nosos patios.
Día do Medio Ambiente
Velaí tedes unhas pequenas recomendacións que podemos ter en conta para coidar do noso Planeta.
Esperamos que entre todos poñamos en marcha estas pequenas accións e entre todos axudar a coidar do medio ambiente.
Recomendaicóns Lectores polo Día do Medio Ambiente
O vindeiro 5 de xuño conmemórase o Día do Medio Ambiente. Xa podedes desfrutar no expositor da porta da biblio dunhas lecturas sobre o coidado do noso planeta.
Queremos facer unha mención especial ao libro "La Isla", de Anna Casals e Paolo Ferri, unha historia sobre a evolición do coñecemento humano e as consecuencias do progreso ilimitado:
No medio dun océano interminable, onde solo se vislumbra o horizonte, aparece de súpeto unha illa. É remota, misteriosa e exuberante, e está habitada por un grupo de Nenos Exploradores. Valente e curiosos, os xóvenes investigan o seu entorno e viven completamente conectados coa natureza. Pero unha serie de grandes descubrimentos, que o principio traen alegría e benestar, terminan provocando disputas e degradación da natureza. Poderán os Nenos Exploradores reverter esa situación antes de que sexa demasiado tarde??
Obradoiro de Xabón
En relación co noso proxecto "As raíces que nos unen" levamos a cabo un obradoiro de elaboración de xabón e pasta de dentes con herbas aromáticas e medicinais presentes na nosa contorna.
O xabón vimos como o elaboraban, xa que é un proceso químico algo perigoso para ser manipulado polas nenas e nenos máis pequenos da escola. Pero poidemos facer a nosa propia pasta de dentes!
Investigación sobre as flores autóctonas
Investigamos algunhas das flores autóctonas que podemos atopar na nosa escola e tamén na nosa contorna máis próxima, como o toxo, o liño, o chuchamel, os amorodos...
Ademais de aprender moito sobre estas flores, fixemos unhas representacións con diferentes técnicas artísticas que expuñemos nos corredores da nosa escola.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »