Biblioteca
25N
Unha das actividades que fixemos pola conmemoración do 25 de novembro, foi "vestir" a nosa árbore da biblioteca para a ocasión. Cada nena e cada neno elaboraron unha bolberta morada cunha mensaxe de esperanza e respecto, para poder colgala das súas ramas.
Mochilas viaxeiras
Despois da pandemia, por fin podemos recuperar as mochilas viaxeiras, para que poidades desfrutar en familia de fantásticas lecturas e xogos.
Todas as mochilas inclúen alo menos: un libro de lectura, un cómic (banda deseñada), un libro de consulta, un xogo e un libro de para os adultos da casa.
Ademais de fomentar a lectura, con esta mochila pretendemos que pasedes bos momentos en familia, desfrutando de tempo xuntos.
Na mocbhila viaxa tamén unha libreta, na que podedes facer anotacións, suxestións, contar as vosas opinión e/ou o que máis vos gustou, facer algún debuxo...
Lembrade coidar moito os libros e materiais que van na mochila viaxeira!
Anxo Moure visitou a nosa Biblioteca
Na celebración do Día das Bibliotecas tivemos a sorte de contar con Anxo Moure, que ademais de contarnos grandes historias relacionadas co medio ambiente e a árbores, levounos de ruta para ver a cantidade de árbores autóctnonas que temos na nosa escola. Unha gran sorte!
Obradoiros de Samaín
Para celebrar a festa de Samain, o alumnado desfrutou dunha xornada de xogos a través duns obradoiros organizados polo Equipo de Dinaminzación da Lingua Galega.
A continuación podedes ver algunhas das actividades que se levaron a cabo na Biblioteca:
Lecturas de Samaín
Aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras polo Samaín.
Tamén podedes visitar a nosa exposición de "Contos de medo"
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »