Datos do centro
Vídeo visita escola
Despois da sesión de videoconferencia deste martes e tras coñecer o interese das familias que asististes por poder visitar o noso centro e, despois de ter decidido que este ano non fariamos sesións de portas abertas, consideramos atender a vosa petición realizando este vídeo- visita para que vos podades facer unha idea de como é o noso centro. Non saen todas as dependencias, porque senón o vídeo extendíase moito.
Gustaríanos anotar que o vídeo foi gravado en grande parte ao finalizar a xornada e por iso veredes algúns espazos non de todo recollidos, pero pareceunos tamén importante que virades os espazos tal e como son, sen preparación a maiores.
Estrañaravos ver na biblioteca tanta mesa e as tablas de pranchar e as mesas con louza, pero é que estamos a realizar uns obradoiros de corresponsabilidade e temos as cousas preparadas alí. Seguro que, con preparación os espazos podían saír máis bonitos, pero este é o noso cole ao remate dunha xornada escolar.
Esperamos que vos guste e esperamos vervos como parte da nosa comunidade educativa neste vindeiro curso 2021- 2022.
Imaxes das nosas instalacións
Fachada principal do colexio
Vistas ría desde as aulas
Fachada traseira do colexio Patio de infantil
Patio de primaria.
Biblioteca
Pista polideportiva
Aulas infantil Aulas Primaria
Localización
O Ceip de Abelendo é un centro educativo de carácter público situado no concello de Moaña e adscrito ao IES Paralaia.
Rúa Abelendo s/nº. 36954 Moaña-Pontevedra
Tlfno: 886110256//Fax: 886110260//c.e.: ceip.abelendo@edu.xunta.es
Departamento de Orientación: 886110258
Premede na imaxe para ver onde estamos:
Información Xeral
O C.E.I.P. Abelendo está situado no barrio de Abelendo de Moaña, nunha zona alta e de privilexiadas vistas de Moaña, da ría e da cidade de Vigo. Sérvenlle de marco un entorno rural, verde, espacioso e con vivendas unifamiliares. Empezou a súa andadura en setembro de 1983.
Desde o centro, pretendemos que este ambiente agradable que nos rodea se repire tamén no interior. Con esta finalidade tratamos de potencia-los valores que fagan que este colexio público camiñe hacia unha integración social e educativa dos alumnos-as e tendo como máximo obxectivo a súa formación integral como persoas.
EQUIPAMENTO
- Superficie do recinto escolar : 6.000 m2
- Zonas de xardín e gran variedade de árbores.
- Horto escolar e invernadoiro.
- Parque infantil, pista polideportiva con gradas, patio cuberto , ximnasio.
- Aula de Plástica.
- Aula de Informática.
- Aula de idiomas con canón de vídeo.
- Aula de música con canón de video e pizarra dixital.
- Ordenadores en todas as aulas conectados a internet.
- Pizarras dixitais en Educación Infantil e Primaria.
- Biblioteca con canón de video.
ASPECTOS XERAIS
- Centro con xornada de 9:10 a 14:10 hs.-
- Servicio de comedor e transporte escolar.
- Lingua de aprendizaxe : castelán e galego, atendendo á normativa.
- Idiomas extranxeiros : Impartese inglés desde 3 anos.
- Sección bilingüe de Plástica en 4º e 5º de Primaria.
- Pedagogía terapeutica
- Audición e linguaxe.
- Actividades extraescolares que se tratan de adaptar cada curso á demanda dos nenos-as