Orientación
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
QUE É?
O Departamento de Orientación é un servizo gratuito que se oferta desde o centro para asesorar e informar a pais, mestres e ao propio alumnado sobre todos aqueles aspectos que poidan repercutir na mellora do rendemento académico dos nosos alumnos.
PARA QUE SERVE?
Para aportar información e valorar as necesidades a nivel de estudo, comportamento, rendemento académico, personalidade, adaptación, problemas familiares, hiperactividade, dificultades de pronunciación, dificultades auditivas etc.
O departamento ten recursos para facer valoracións iniciais do alumnado e, no caso de que se considere necesaria a intervención doutros especialistas (psicólogos, neurólogos, psiquiatras, asistentes sociais ...) é o responsable de comunicarllo ás familias para que acudan a ditos servicios.
É o encargado de tramitar todas aquelas actuacións que sen ser estrictamente académicas poidan incidir no desenvolvemento do neno, sendo o nexo de unión entre o centro e os servizos médicos, cos xulgados ou cos servizos de asistencia social.
QUEN O FORMA?
-Orientadora: Profesional con formación en Psicopedagoxía.
-Mestra de Pedagoxía Terapéutica (PT): Formada para atender aspectos relativos á mellora da lectura e escritura, aprendizaxe de estratexias básicas, realización de apoios ...
-Mestra de Audición e Linguaxe (AL): Especialista nos temas da fala, emisión de son, problemas auditivos e todo o relacionado coa logopedia e a competencia comunicativa. Este ano a mestra de AL estará no noso centro os mércores, xoves e venres, dado que a compartimos co CEIP Plurilingüe de Tirán.
O normal é que PT e AL traballen de maneira individual ou en pequeno grupo dado que son un recurso extraordinario. O seu traballo tamén pode ser realizado dentro da aula da titoría ou nas aulas de PT ou AL, dependendo de varios aspectos: dos contidos que se vaian traballar, das caracterísiticas do alumnado, da organización do horario...
As familias do alumnado que necesite traballar con algún destes especialistas, sempre será informada previamente.
COMUNICACIÓN
A forma de solicitar unha entrevista coa orientadora máis habitual é a través dos titores. Tamén por teléfono, e-mail ou a través da Secretaría do centro.
Os motivos da reunión deben referirse ás funcións propias do departamento.
A reunión realizarase preferiblemente xunto co titor.
O horario é os martes e xoves de 9:10 a 14:10.
Teléfono: 886 110 258
Atenderesa previa cita.
Este horario pódese ver afectado por algún cambio.
QUE É O PROA+?
O PROA+ son as siglas do PLAN DE REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO. É unha modalidade de acompañamento dentro do horario lectivo.
Con esta actuación preténdese mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.
Obxectivo:
Potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar deste alumnado mediante:
-
o fornecemento de destrezas e coñecementos necesarios nas competencias básicas (CMCT e CCL).
-
a adquisición de técnicas de traballo intelectual.
-
a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo.
-
o alento ao estudo a través de dinámicas de traballos eficaces.
-
o incremento do hábito lector.
-
a mellora da súa integración social, no grupo e no centro.
O alumnado destinatario é o de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e está pensado para todo o curso escolar.
Trátase pois dunha medida de Reforzo educativo que oferta o centro a aquel alumnado que consideramos vai saír beneficiado dela por distintos motivos.