Promoción 2013
Podcast: Que é para ti o galego?
O alumnado de 6º de Primaria conmemora o Día das Letras Galegas coa publicación do seu podcast Que é para ti o galego?
Con este programa de radio participaron no Concurso de podcasts - Radio na biblio e, aínda que non resultaron gañadores, poden estar moi orgullosos do seu traballo.
Neste podcast os nenos e nenas de 6º leron o poema 'O galego', escrito por Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A partir del reflexionaron sobre a nosa lingua e explicaron nunha frase o que significa o galego para eles. Con todas as súas respostas crearon un novo poema que comparten con todos a través deste podcast. Podedes escoitalo no ficheiro adxunto.
8M: As nosas mulleres traballadoras
O alumnado de Valores Sociais e Cívicos de 6º de Primaria quixo celebrar o 8M homenaxeando a algunhas das mulleres traballadoras ás que admiran.
Tras elaborar un cuestionario falaron con esas mulleres ou imaxinaron unha conversa con elas e plasmaron as súas respostas neste mural interactivo.
Xogando a ser fotógrafos
En Arts estivemos traballando a obra de Chema Madoz, un fotógrafo español que xoga coas imaxes para crear novos significados.
Despois de coñecer as súas fotos decidimos imitamr o seu estilo, creando os nosos propios xogos visuais. Aquí tedes unha galería de imaxes coas nosas obras de arte.
Compartindo poesía
Este ano quixemos compartir co noso entorno a conmemoración do Día das Letras Galegas, e por iso acudimos a O baile para entregar unha caixa chea de pergaminos. Dentro había poemas de Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Darío Xohán Cabana, Manuel María e, como non, de Xela Arias, a autora homenaxeada este ano.
Estes son algúns dos poemas cos que agasallamos aos clientes.
Podedes pasar por O baile para coller o voso!
Reglas ortográficas con Don Pardino
Estas semanas estivemos traballando en clase as normas ortográficas para o uso das grafías B, V e H. Inspirámonos no profesor Don Pardino (un libro que triunfou este ano na nosa biblioteca de aula e que recomendamos a todas as familias) para crear as nosas viñetas ortográficas.
Seguro que con elas conseguiremos axudar a máis dunha persoa a recordar como se escriben algunhas palabras. Velaquí o noso traballo! Podedes descargalas e imprimilas.