Punto laranxa contra o acoso escolar
O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso non centros educativos. Este punto poderá ser empregado por calquera membro da nosa comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias... As mensaxes aquí depositadas serán anónimas.
Se estás a sufrir acoso ou ciberacoso ou sabes dalguén que o estea a sufrir podes deixar unha mensaxe no formulario web ou no buzón físico do centro.
Podes escribir a mensaxe en outro lugar que non sexa o centro e achegarte a deixala no buzón do PUNTO LARANXA. As mensaxes serán lidas polo equipo ACAE e así poderemos axudarche.
Se queredes facelo de xeito online só teredes que cubrir o formulario que se atopa nesta entrada.
Grazas por axudarnos!