Información Xeral
O C.E.I.P. Abelendo está situado no barrio de Abelendo de Moaña, nunha zona alta e de privilexiadas vistas de Moaña, da ría e da cidade de Vigo. Sérvenlle de marco un entorno rural, verde, espacioso e con vivendas unifamiliares. Empezou a súa andadura en setembro de 1983.
Desde o centro, pretendemos que este ambiente agradable que nos rodea se repire tamén no interior. Con esta finalidade tratamos de potencia-los valores que fagan que este colexio público camiñe hacia unha integración social e educativa dos alumnos-as e tendo como máximo obxectivo a súa formación integral como persoas.
EQUIPAMENTO
- Superficie do recinto escolar : 6.000 m2
- Zonas de xardín e gran variedade de árbores.
- Horto escolar e invernadoiro.
- Parque infantil, pista polideportiva con gradas, patio cuberto , ximnasio.
- Aula de Plástica.
- Aula de Informática.
- Aula de idiomas con canón de vídeo.
- Aula de música con canón de video e pizarra dixital.
- Ordenadores en todas as aulas conectados a internet.
- Pizarras dixitais en Educación Infantil e Primaria.
- Biblioteca con canón de video.
ASPECTOS XERAIS
- Centro con xornada de 9:10 a 14:10 hs.-
- Servicio de comedor e transporte escolar.
- Lingua de aprendizaxe : castelán e galego, atendendo á normativa.
- Idiomas extranxeiros : Impartese inglés desde 3 anos.
- Sección bilingüe de Plástica en 4º e 5º de Primaria.
- Pedagogía terapeutica
- Audición e linguaxe.
- Actividades extraescolares que se tratan de adaptar cada curso á demanda dos nenos-as