CPInclúe
PEGADAS DO ALUMNADO DE 6º
O alumnado de sexto que deixa o cole este ano deixou a súa pegada para que os recordemos sempre no centro.
Plantaron unha árbore que nos recordará e a elas tamén o seu paso polo centro para sempre.
Esta actividade é parte do Programa ConvíveT
PATIO DE ROSALÍA
Este ano comezamos a dar vida ao noso patio de Rosalía. O alumnado que queira, por tandas en diferentes días, pode acudir alí para realizar diferentes xogos que van cambiando quincenal ou mensualmente.
Foi todo un éxito e pensamos continuar o curso vindeiro.
Mirade unhas fotiños!
Traballo feito dende a modalidade InclúeT.
FIN DO CLUBE DE LECTURA
Hoxe tivemos a festa final do clube de lectura. Tivemos a sorte de contar con María Lado que nos contou moitos segredos sobre o proceso de creación do libro e que respondeu as nosas dúbidas sobre o libro.
Merendamos xuntas tal e como quedaramos no inicio do clube e foi un día moi agradable e divertido para todas!!
Grazas María por vir a merendar con nós. Foi un placer escoitarte.
Para o curso que vén imos a tope co clube de lectura!
Actividade do programa ConvíveT
RESULTADOS RASTREXO
Despois dunha longa espera aquí están os resultados do rastrexo literario. Sabemos que pasou tempo, pero o bo faise esperar e é moi bo aprender a cultivar a paciencia.
Sen bromas, estivemos ocupadas no cole en outras tarefas burocráticas urxentes e non atopamos momento para pasar a limpo os datos para publicar, aínda que ao alumnado de primaria xa llo dixeramos no cole.
Houbo un empate entre os dous equipos de sexto e terá que levarse a cabo un desempate que se fará a última semana de curso. Consistirá nunha rolda de pasapalabra con contido literario. O equipo que máis respostas correctas dea será o gañador!! O premio xa será dado ao alumnado no propio centro ese mesmo día.
Ao equipo gañador de Infantil xa se lle dará o premio na clase.
Moitas grazas ao alumnado e familias por participar e, o curso que vén repetiremos, ídevos poñendo ao día en contidos literarios: LEDE MOITO!!
Actividade da modalidade ConvíveT