Skip to Content

Multisensorial

TÚNEL DO MEDO E SESIÓN TERRORÍFICA NA AULA MULTISENSORIAL

A semana pasada os alumnos e as alumnas do Terra de Ferrol levaron máis dun susto no noso túnel do medo: un espantallo e unha bruxa que estaban escondidos, pantasmas e moito máis. Ademáis na aula multisensorial o alumnado puido manipular tres bandexas sensoriais asquerosas, presenciar a preparación dunha queimada que é unha auténtica cochinada e nalgúns casos probala.

 


 

 

Para ver o álbum completo premer nos seguintes documentos:

 

 

 

 

 

 

 

CHEGOU O INVERNO

Á Aula Multisensorial tamén chegou o inverno e por iso decidimos construír unha bandexa sensorial coa nosa propia neve. Para facela empregamos bicarbonato, cubos de xeo, auga moi fría e colorante alimentario azul. Tamén elaboramos uns bonecos de neve e acompañamos todo coa nova fibra óptica. Que ben o pasamos!

 

NOVOS MATERIAIS

 Ese curso escolar contamos con novas cousas para a nosa aula:

- Fibra óptica e fonte luminosa de 200 hebras, para fomentar a relaxación a través do xogo posto que é un gran estimulador visual.

- Baldosas sensoriais, coas que crear recorridos de motricidade e equilibrio para o noso alumnado, incluídos os que empregan cadeira de rodas. Ademais, brillan coa luz negra.

O OUTONO EN MULTISENSORIAL

Para traballar o outono desde a Aula Multisensorial decidimos experimentar con diversos materiais: espigas e grans de millo, fariña, auga, colorantes alimenticios, aroma de canela. Estivemos moi entretidos manipulando estes ingredientes mentres escoitabamos, entre outras, as Catro Estacións de Vivaldi – O Outono. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut