Para traballar o outono desde a Aula Multisensorial decidimos experimentar con diversos materiais: espigas e grans de millo, fariña, auga, colorantes alimenticios, aroma de canela. Estivemos moi entretidos manipulando estes ingredientes mentres escoitabamos, entre outras, as Catro Estacións de Vivaldi – O Outono.