Skip to Content

Equipo médico

Servizo sanitario do centro

Según dispón o Decreto 12/2009. do 8 de xaneiro, da Consellería de Sanidade, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios de Galicia, e de conformidade co establecido no seu título V sobre Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios, se acredita que o Centro de Educación Especial TERRA DE FERROL, figura inscrito no rexistro co número C-15-002647.

 


OFERTA ASISTENCIAL

Enfermería Xeral

Gerardo Sastre Fernández

Raquel Rodeiro Freijomil

Juan Carlos Fernández Rodríguez

Psicoloxía Sanitaria

Julia Conde Gándaras

 

Obxectivos do equipo médico

  • Mellorar a calidade de vida do alumnado 

  • Proporcionar unha atención integral (aspectos físicos, psíquicos e sociais) 

  • Promocionar e educar en saúde 

  • Fomentar hábitos saudables 

  • Levar un axeitado control dos aspectos administrativos e de xestión (informes, dotación de recursos…) 

  • Elaborar, colaborar e desenvolver programas e proxectos de educación saudable 

  • Garantir a seguridade durante a permanencia no centro, atendendo aquelas urxencias que poidan presentarse

Funcións do equipo médico

  • Coñecer o nivel de saúde do alumnado

  • Elaboración de informes médicos 

  • Control da hixiene

  • Realizar estudios diagnósticos individuais e preventivos

  • Valoración antropométrica e control de peso/dieta 

  • Actualización permanente e seguimento dos informes 

  • Prevención e detección de enfermidades

  • Orientar sobre técnicas específicas de actuación

  • Revisión da historia clínica do alumnado

  • Promover a inmunización correcta do alumnado, segundo calendario de vacinación escolar vixente

  • Vixianza epidemiolóxica, coa necesaria colaboración e información das familias

  • Atención, intervención directa e continua no seguimento dos problemas de saúde 

  • Realizar estudios de casos e das enfermedades/síndromes e aportar a información e orientación necesarias 

  • Dotación de recursos e orientación sobre técnicas específicas de actuación

  • Prescribir tratamentos médicos

  • Informar sobre os problemas de saúde do alumnado, os seus coidados e precaucións a ter en conta 

  • Información escrita ás familias, sobre as incidencias e información relevante

  • Función asistencial (administración de medicación, realizar curas, prestación de coidados…) 

  • Información escrita á xefa de estudos, ao director e ao titor/a sobre as incidencias e información relevante

  • Fomentar hábitos saudables (alimentación, exercicio e hixiene)

  • Información escrita sobre o alumnado en alerta escolar, así como do proceso sobre a alerta escolar

Distribuir contido


by Dr. Radut