O pasado mércores, 15 de maio de 2024, viaxamos a Boiro, para participar na Segunda Edición do Campeonato de Baristas para os centros de Educación Especial que contan co Programa Formativo de Servizos de Restauración.
A parella de baristas formada por Iván e Hugo, alumnos do CEE Terra de Ferrol, acadaron o segundo premio deste campeonato, no cal demostraron as súas destrezas e habilidades para preparar dous cafés expresos, dous cafés capuchinos e dous cafés especiais sen alcohol.
Deixámosvos unha foto de recordo do momento da entrega do 2º premio e o enlace ao vídeo para poder visualizar o campeonato completo.
Aquí tedes para descargar "O libro sabio das froitas e verduras". Grazas a este libro, poderedes aprender moito máis das principais froitas e verduras (as súas propiedades nutricionais, preparación e conservación ou estacionalidade...). Esperamos que vos sexa de moita utilidade e aprendades moito!