Según dispón o Decreto 12/2009. do 8 de xaneiro, da Consellería de Sanidade, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios de Galicia, e de conformidade co establecido no seu título V sobre Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios, se acredita que o Centro de Educación Especial TERRA DE FERROL, figura inscrito no rexistro co número C-15-002647.
No departamento de fisioterapia do noso centro educativo traballamos cos alumnos e alumnas que presentan diversos tipos de alteracións: motóricas, neurolóxicas ou respiratorias (entre outras), susceptibles de mellorar con tratamento específico, así como para previr posibles complicacións derivadas das súas patoloxías de base, buscando sempre a maior independencia funcional do alumnado.